Xunta de Galicia

A Xunta lembra que as empresas galegas aínda poden solicitar as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética

A Xunta lembra que as empresas galegas aínda poden solicitar as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou as instalacións da empresa Fontecelta, beneficiaria destas axudas o ano pasado

Destacou que nos últimos once anos, o Goberno galego concedeu máis de 1.600 axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos sectores da industria, servizos e agrícola

A convocatoria de 2024 conta cun orzamento de 7,5M? e estará aberta ata o 15 de setembro para que empresas galegas e persoas autónomas poidan acometer proxectos que reduzan a súa factura eléctrica

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, lembrou hoxe que as empresas galegas aínda poden solicitar as axudas convocadas pola Xunta para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética.Esta liña de apoios do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) está á disposición das empresas e das persoas autónomas galegas e manterase aberta ata o vindeiro 15 de setembro co obxectivo de que poidan acometer proxectos que reduzan a súa factura eléctrica.Fernández Vila visitou as instalacións da empresa Fontecelta, beneficiaria destas axudas no ano 2023 con preto de 524.000?. Estes apoios permitíronlle realizar diversas actuacións de aforro enerxético como a instalación dunha máquina SINCRO xunto cos transportadores de envases cheos ou a instalación dunha nova máquina de envolvente de packs. Ademais, Fontecelta foi beneficiaria tamén de axudas para a instalación de paneis fotovoltaicos.Durante a visita, o director xeral apuntou que nos últimos once anos, a Xunta leva concedido 1.640 axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos sectores industria, servizos e agrícola cun orzamento total de 55,6M?.O pasado mes de xullo a Xunta abriu unha nova convocatoria de axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética.A convocatoria conta cun orzamento de 7,5M?, financiado pola Unión Europea, a través do Programa FEDER de Galicia 2021–2027, e a previsión é chegar a mobilizar ata 30M? de investimento público–privado. A axuda máxima por empresa beneficiaria é de 2M? en función do aforro enerxético xustificado, e estímase que contribúan a xerarlles aforros económicos de 4,5M? anuais no seu abastecemento enerxético.Ademais, estas axudas permitirán a creación ou mantemento de 173 postos de traballo, entre directos e indirectos, un aforro anual de enerxía equivalente a 5,1 millóns de litros de gasóleo (52.000 MWh/ano), e unha redución de emisións equivalente á plantación de 825.000 árbores (16.500 t).Entre as solicitudes recibidas en convocatorias de anos anteriores figuran proxectos para renovación de maquinaria industrial como compresores de aire ou equipos de frío, a instalación de variadores de frecuencia en motores e economizadores en caldeiras, a substitución da iluminación actual por tecnoloxía LED, o aproveitamento de enerxías residuais mediante intercambiadores de calor, instalacións de aproveitamento de enerxía xeotérmica e aerotérmica para climatización, a realización de auditorías enerxéticas en pemes e a implantación de equipos de medida e sistemas de procesado de datos para a optimización do consumo enerxético.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN