Xunta de Galicia

A Xunta lembra que mantén aberta a liña de indemnizacións por animais falecidos a causa da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)

A Xunta lembra que mantén aberta a liña de indemnizacións por animais falecidos a causa da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A Consellería do Medio Rural foi pioneira en habilitar estas axudas e destinou máis de 200.000 euros a esta finalidade, para compensar a morte de 409 animais de 195 explotacións, no anterior período de circulación do vector transmisor da doenza

Compre salientar que nestes momentos xa se está comercializando, baixo prescrición veterinaria, unha vacina autorizada fronte ao virus da EHE, desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal

A Xunta continúa reclamando ao Ministerio de Agricultura a activación urxente dos 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta doenza e que, entre os custos subvencionables, se permita incorporar a vacina

A Xunta lembra que mantén aberta a liña de indemnizacións para os gandeiros por animais falecidos a consecuencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). A Consellería do Medio Rural destinou máis de 200.000 euros a estas achegas, para compensar a morte de 409 animais de 195 explotacións, datos referidos ao anterior período de circulación do vector transmisor, posto que, no actual período, aínda non se rexistraron solicitudes.Cómpre lembrar que o Goberno galego foi pioneiro en habilitar estas axudas no ano 2023. A maiores, hai que sinalar que nestes momentos xa se está comercializando, baixo prescrición veterinaria, unha vacina autorizada fronte ao virus da EHE, desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal.Á liña de apoio xa habilitada pola Xunta sumaranse tamén as axudas por tratamentos veterinarios aos animais afectados ou por uso de desinsectantes nas explotacións, comprometendo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) un total de 15 millóns de euros en toda España para este fin neste ano, pero aínda pendentes de aprobarse e derivarse ás comunidades autónomas.Neste sentido, a Consellería do Medio Rural reitera a necesidade de que se activen, mediante o correspondente Real Decreto, eses 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta enfermidade e que, entre os custos subvencionables, se permita incorporar a vacina. A Xunta considera urxente adoptar esta medida para que as comunidades autónomas poidan, á súa vez, habilitar as correspondentes ordes de axudas e facer chegar os fondos á maior brevidade posible aos gandeiros, tendo en conta o axustado dos prazos a estas alturas do ano.Actualmente Galicia ten notificados focos de EHE en 15 comarcas veterinarias; 10 na provincia de Ourense (Maceda, A Limia, Ourense, Terra de Celanova, Baixa Limia, Verín, A Gudiña, Terra de Trives, Terra de Caldelas e Viana) e cinco na de Lugo (Ancares, Sarria, Terra de Lemos, Lugo e A Fonsagrada), neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor. Así, o número de explotacións positivas confirmadas sitúase en 195 e os animais positivos confirmados en 381.Cómpre indicar que, en Galicia, ao fin da pasada estación de circulación do vector, a Consellería rexistrou un total de 641 explotacións, sobre un censo superior ás 30.000 explotacións bovinas, nas que resultaron afectados 1.484 animais, cun índice de mortalidade do 1,09 %.A EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero

. Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Existe polo tanto un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, esta doenza non afecta ás persoas, que non poden enfermar nin pola picadura do mosquito transmisor, por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN