Xunta de Galicia

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos centros de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias e Guísamo

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos centros de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias e Guísamo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ofértanse prazas nos ciclos de formación profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, Produción Agroecolóxica, Paisaxismo e Medio Rural e no de Xardinería e Florería

Trátase de ciclos en modalidade dual intensiva, polo que os estudantes poderán poñer en práctica a formación teórica que reciban obtendo ademais unha remuneración económica desde o primeiro ano

O prazo para matricularse nos graos medios e superior dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, no concello lucense de Ribadeo; e Guísamo, na localidade coruñesa de Bergondo; segue aberto. No Pedro Murias ofértanse os Ciclos medios de FP Dual intensiva de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica. O primeiro céntrase en cuestións silvícolas, como as instalacións forestais ou a sanidade vexetal. Ademais, impártense materias relacionadas coa conservación de especies cinexéticas e piscícolas, así como as nocións necesarias sobre control fitosanitario. O alumnado deste grao medio conta cun amplo abano de saídas profesionais, como son, entre outros, o de especialista en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas, motoserrista, traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación dos hábitats forestais ou auxiliar de traballos de control de depredadoras e especies invasoras. Mentres tanto, os estudantes de Produción Agroecolóxica poderán traballar como agricultores, avicultores, apicultores, criadores de gando ou produtores ecolóxicos. Para iso, os estudos están focalizados en fundamentos agronómicos e zootécnicos, a implantación de cultivos ecolóxicos e en principios de sanidade vexetal. Tamén recibirán nocións sobre infraestruturas e instalacións agrícolas; así como en produción gandeira e vexetal de xeito ecolóxico. En Guísamo, o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.A maiores, o ciclo medio de Xardinería e Florería permite adquirir a capacitación necesaria para realizar traballos en horta e viveiros, a instalación, mantemento e melloras de xardíns, parques urbanos e xardíns históricos e botánicos unha vez cursen os módulos que compoñen o ciclo.Cabe sinalar que estes ciclos forman parte da modalidade Formación Profesional Dual intensiva, polo que os estudantes poderán recibir formación teórica no centro educativo e ao mesmo tempo poñela en práctica –remunerada– nun centro de traballo. Deste xeito, o alumnado formarase de forma teórica e práctica tanto no centro educativo como na empresa. Isto favorece a súa inserción laboral, xa que ao rematar o ciclo o estudante contará con experiencia previa. Aquelas persoas interesadas en matricularse, poderán solicitar máis información nas webs de cada un dos centros ou nos números de teléfono: 982 828 552 (Pedro Murias) ou 881 88 10 57 (Guísamo).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN