Xunta de Galicia

A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública

A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Este servizo permite realizar tarefas de soporte e resolución de incidencias a aplicacións que xestionan a carpeta É–Saúde, os sistemas de información de xestión da incapacidade temporal, do transporte sanitario non urxente, da prestación ortoprotésica e a tarxeta sanitaria, entre outros

O pasado ano foron atendidas máis de 15.000 incidencias

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publicou no

a licitación da contratación dos servizos de soporte e probas das 53 aplicacións da área de programas especiais da sanidade pública por un orzamento base de 555.089 euros e o prazo dun ano.As tarefas de soporte e resolución de incidencias de usuarios e validación e probas das aplicacións inclúen, entre outras, o sistema de incapacidade temporal, o rexistro de centros sanitarios, a solicitude de medicamentos en situacións especiais, a xestión da prestación ortoprotésica, o sistema de detección precoz de cancro, o rexistro galego de tumores, o sistema de xestión do transporte sanitario non urxente, o sistema de tarxeta sanitaria e a carpeta de saúde (É–Saúde), entre outros.No ano 2023 atendéronse neste servizo máis de 15.000 incidencias e executáronse máis de 300 plans de probas dos distintos aplicativos recollidos no contrato.O desenvolvemento destas aplicacións no sistema sanitario público galego foi iniciado hai máis dunha década pola Consellería de Sanidade para cubrir necesidades dentro da propia organización e tamén para a cidadanía e profesionais.O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas remata o 5 de agosto.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN