Xunta de Galicia

A Xunta mantén aberto ata o 23 de xullo o prazo de recepción de suxestións ao novo decreto que regulará a entrega de medicamentos a domicilio para pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas

A Xunta mantén aberto ata o 23 de xullo o prazo de recepción de suxestións ao novo decreto que regulará a entrega de medicamentos a domicilio para pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As achegas poden ser presentadas ante a Consellería de Sanidade por vía electrónica a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto

O Executivo galego conta coa experiencia previa de envíos a domicilio de forma excepcional en pandemia, debido á necesidade de protexer a persoas en risco de contaxiarse da covid

A Xunta mantén aberto,

, o período de consulta pública do novo anteproxecto de decreto polo que se regulan as condicións e os requisitos para a entrega de medicamentos e produtos sanitarios en supostos especiais.Ata o martes 23 de xullo poderán ser presentadas cantas achegas ou opinións se estimen convenientes, por vía electrónica a través do formulario habilitado na web.A Consellería de Sanidade agarda recibir suxestións de sectores profesionais e da cidadanía implicada para desenvolver a proposta de entregar nos domicilios medicamentos suxeitos a prescrición médica baixo os sistemas de control necesarios.O obxectivo da regulación que propón a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde é facilitar a asistencia a pacientes que residan en zonas rurais illadas ou que sexan dependentes, cando exista perda de autonomía funcional e necesidade de coidados por padecer enfermidades crónicas.Esta medida foi levada a cabo con éxito, de forma excepcional, durante a pandemia tanto polas farmacias como polos hospitais do Servizo Galego de Saúde, para permitir que persoas en risco de contaxiarse pola covid continuasen confinadas. Polo tanto, este desenvolvemento normativo da Lei de ordenación farmacéutica de Galicia pretende dar resposta ás dificultades de determinados doentes para desprazarse ao hospital ou á farmacia.A entrega regulada sería realizada por unha das cinco oficinas de farmacia máis próximas ao domicilio da persoa beneficiaria ou, por decisión expresa do paciente, por outra oficina de farmacia da mesma área de referencia do punto de atención continuada correspondente.Co mesmo carácter excepcional, no caso de fármacos de dispensación unicamente hospitalaria, estipularase a posibilidade de que os servizos de farmacia hospitalaria correspondentes poidan realizar a entrega informada no lugar de residencia das persoas usuarias, unha entrega en que poderán colaborar as oficinas de farmacia da zona.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín