Xunta de Galicia
A Xunta mantén o seu compromiso coa Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, e prepara novas actuacións de mantemento do centro
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O conselleiro de Educación explica que o investimento en melloras se eleva a máis de 225.000?, incluíndo a nova obra que se vai realizar para solucionar filtracións
O centro realiza un número importante de actividades e eventos e conta cunha destacada proxección internacional
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reafirmou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), en Vigo. Neste sentido, anunciou unha nova obra para solucionar, definitivamente, os problemas de filtracións que se producen na cuberta do teatro do centro, por importe de 45.000? e que se acometerá antes do remate do ano. “Esta nova actuación eleva a máis de 225.000? o investimento en mantemento e melloras do centro desde a súa inauguración en 2010”, destacou. O titular do departamento educativo da Xunta incidiu en que se trata de pequenos axustes de conservación do inmoble, que non afectan en ningún caso á seguridade da comunidade educativa. Tal e como explicou, o tipo de cuberta do edificio, de carácter plano, ocasionou varios episodios de filtracións, que a Consellería está a solucionar coa máxima celeridade.Román Rodríguez puxo en valor as instalacións deste centro, no que estudaron o pasado curso 157 alumnos, que conta cunha superficie total de 6.145 m² dotada, entre outros espazos, de vestiarios, salas de reunións, aulas de expresión dramática e un teatro cun aforo de 120 persoas, sobre o que se vai realizar a nova actuación de mantemento. Cómpre destacar que a ESAD realiza un número importante de actividades e eventos, entre eles a interpretación da Ópera Le Villi o presente curso en colaboración co Conservatorio Superior de Música da Coruña e outros centros da Comunidade Autónoma. Conta, ademais, cunha proxección internacional, participando activamente no programa de mobilidade Erasmus+.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando