Xunta de Galicia

A Xunta notifica ao Concello de Lugo a autorización para o traslado das náiades presentes na zona na que se prevé instalar unha rampla de acceso ao Miño

A Xunta notifica ao Concello de Lugo a autorización para o traslado das náiades presentes na zona na que se prevé instalar unha rampla de acceso ao Miño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta de Galicia notificou esta mañá á empresa Biosfera Consultoría Medioambiental, como representante do Concello de Lugo, a autorización para a translocación dos exemplares das especies protexidas de náiades que se atopan no lugar onde o Goberno local pretende instalar unha rampla de acceso ao río Miño.A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático estudou coa máxima dilixencia a documentación que onte xoves lle foi aportada polos representantes do Concello de Lugo e procedeu a autorizar esta mesma mañá o traslado dos exemplares de náiades

e

a outra zona do río non afectada polas obras.A autorización establece que os traballos de translocación serán levados a cabo por persoal da empresa Biosfera e quedan condicionados á supervisión por parte do Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.A Consellería actuou unha vez máis de xeito áxil para non perder o tempo innecesariamente, malia as sucesivas modificacións que o Concello de Lugo veu realizando no proxecto ao longo de todo o verán (a última modificación aínda foi comunicada polo Concello á Confederación Hidrográfica do Miño–Sil o pasado luns, 19 de agosto). Ademais, é importante salientar que autorización do organismo de conca para a instalación da rampla é unicamente ata o 15 de setembro do presente ano, o que na práctica fará que a plataforma estea en servizo e operativa para os posibles usuarios apenas uns días.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 06 NOV 2024 | BOLETÍN