Xunta de Galicia

A Xunta pon a disposición de veciños, turistas e peregrinos a humanizada praza do Souto de Valga

A Xunta pon a disposición de veciños, turistas e peregrinos a humanizada praza do Souto de Valga

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe no acto no que se inauguraron as obras que dotaron o espazo de máis zonas verdes e de lecer

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou esta tarde as obras de remodelación realizadas por Turismo de Galicia na Praza do Souto, en Valga (Pontevedra), que posibilitaron converter este espazo “nun lugar máis accesible, seguro e cómodo para todos”.Logo da visita, Xosé Merelles, destacou que a actuación acometida, na que se investiron 240.000 euros, permitiu humanizar a praza “non só para o goce dos veciños de Valga senón tamén para os visitantes deste concello e para os peregrinos que cada día percorren o Camiño Portugués”, que transcorre por diferentes emprazamentos deste municipio”.Ademais, segundo puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, as obras realizadas, contribúen a reforzar o potencial turístico do municipio e mellorar a seguridade e accesibilidade de veciños, visitantes e peregrinos.Xosé Merelles salientou a aposta que fai o Goberno galego por poñer en valor estes elementos patrimoniais que suman atractivo a oferta de turismo cultural relacionada co Camiño e que contribúen ao desenvolvemento económico de contornas do rural galego.“Esta actuación –engadiu– permítenos potenciar un elemento patrimonial do concello, fomentando este tipo de turismo como un instrumento de reequilibrio territorial e dinamización económica, especialmente, nun municipio polo que transcorre o Camiño Portugués, que, nestes momentos, é o segundo itinerario máis percorrido polos peregrinos”. No que vai de ano, máis de 50.000 persoas realizaron xa este itinerario, o que supón un incremento do 8%.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

01:00H | 8 sep 2024 | BOLETÍN