Xunta de Galicia

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

Os obradoiros, dirixidos a escolares de 8 a 15 anos, teñen o obxectivo de promover o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecno–científicas, sobre todo entre as nenas

Esta iniciativa conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, a Rede CeMIT e o Gaiás Tech.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas), así como espertar vocacións tecno–científicas entre as rapazas.As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro, a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 14 concellos de toda Galicia. Este novo ciclo de obradoiros dará comezo este luns 8 na aula CeMIT de Moaña. Posteriormente haberá obradoiros en Arzúa, Leiro, Betanzos, Cuntis, Brión, Poio, Celanova, Vigo, Ortigueira, Quiroga, Santa Comba, Valga e Guitiriz. Adicionalmente, os días 5 e 6 de setembro tamén se celebrará un obradoiro no Centro Gaiás Tech na Cidade da Cultura.Cada concello contará con dúas quendas por idade de 4 horas de duración, unha para escolares de 8–11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12–15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.Nos obradoiros achegarase ao alumnado ao funcionamento das placas micro:bit, que son tarxetas programables de aprendizaxe. Aprenderán a identificar as súas principais funcións e a programalas con diferentes comandos. Traballarase en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica e construción co que contan as aulas CeMIT. Unha vez superada esta primeira fase, continuarase o traballo coa placa para a elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais reciclables, como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico–formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC. 8 de xullo: Moaña ?

12 de xullo: Arzúa ?

15 de xullo: Arzúa ?

16 de xullo: Leiro ?

17 de xullo: Leiro?

18 e 19 de xullo: Betanzos?

18 e 19 de xullo: Betanzos?

22 de xullo: Cuntis ?

23 de xullo: Brión ?

24 de xullo: Cuntis ?

29 de xullo: Brión ?

30 de xullo: Poio ?

31 de xullo: Celanova ?

31 de xullo: Poio ?

5 de agosto: Vigo ?

6 de agosto: Vigo ?

8 e 9 de agosto: Ortigueira ?

8 e 9 de agosto: Ortigueira ?

12 de agosto: Celanova ?

13 de agosto: Quiroga ?

14 de agosto: Quiroga ?

16 de agosto: Santa Comba ? Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos19 de agosto: Moaña ?

20 de agosto: Santa Comba ? Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos21 e 22 de agosto: Valga ?

21 e 22 de agosto: Valga ?

4 de setembro: Guitiriz ?

5 de setembro: Guitiriz ?

5 de setembro: Centro Gaiás Tech ? Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos6 de setembro: Centro Gaiás Tech ? Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN