Xunta de Galicia

A Xunta pon en marcha o 'Plan de competitividade e sostibilidade do marisqueo de Galicia' co que mobiliza 123 millóns de euros ata 2025 para reactivar o sector

A Xunta pon en marcha o ‘Plan de competitividade e sostibilidade do marisqueo de Galicia’ co que mobiliza 123 millóns de euros ata 2025 para reactivar o sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O documento xorde do diálogo e do consenso cos colectivos implicados e está dirixido a impulsar a súa produtividade e a garantir a súa rendibilidade

Inclúe medidas concretas para a rexeneración dos bancos marisqueiros, máis control e vixilancia ou a creación da plataforma de vendas

Villares lamenta que, mentres a Xunta cumpre, o Goberno continúe sen declarar as rías galegas zona catastrófica, o que permitiría destinar máis axudas que compensasen as perdas económicas do sector ou eximilo das cotas á Seguridade Social

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e dos representantes da Federación Galega de Confrarías, presentou o

, que permitirá mobilizar 123 millóns de euros para reactivar o sector, recuperando a súa produtividade e garantindo a súa rendibilidade.Deste xeito, a administración autonómica cumpre a palabra dada en febreiro cando dende a Consellería se adiantaba a creación e posta en marcha desta ambiciosa iniciativa que xorde, precisamente, do traballo levado a cabo nos últimos meses e do consenso e do diálogo co sector. Neste senso, o titular de Mar destacou que se trata dun documento vivo e que será adaptado en función das necesidades que poida ter o colectivo no futuro.Este instrumento permite así facer fronte á situación excepcional acontecida no último trimestre de 2023 por mor das intensas chuvias e temperaturas anómalas que provocaron unha importante salinidade das augas e, en consecuencia, que a mortaldade de moluscos chegase ao 80% nalgúns bancos marisqueiros e especies, e que a caída da facturación se situase no 57% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior.Financiarase con fondos da Consellería do período 2023–2025 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), a través do Programa Operativo 2021–2027. Así, só a garantir a sustentabilidade do sector, destínanse 63 millóns de euros. Este apartado inclúe a análise de solucións técnicas que contribúan a desenvolver solucións ante a caída da produción e o impacto do cambio climático nas rías, ademais de medidas que permitan a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, como a vixilancia dos bancos marisqueiros ou a contratación de asistencia técnica para a súa protección e recuperación que contemple a recollida do lixo mariño.A planificación, adecuación e mellora das zonas de produción, coa rexeneración de bancos danados; a formación marítimo pesqueira; o fortalecemento da colaboración entre o sector pesqueiro e organismos científicos (Redemar); o reforzo do labor do Intecmar, do CIMA e de Gardacostas; ou a constitución da mesa do marisqueo, integrada por persoal científico dos centros de investigación mariña autonómicos, persoal técnico dos centros directivos e os biólogos de zona da Consellería do Mar; son outras das actuacións que contempla o Plan nesta área.En materia de competitividade, dotada con 60 millóns de euros, executaranse diversas accións que repercutan directamente nunha mellora da rendibilidade do sector tales como a investigación na mellora na produción de semente ou en como facer as especies mais resistentes á baixa salinidade. Neste senso, tamén se traballa para complementar e diversificar as especies resilientes aos cambios ambientais; á vez que se traballará para incrementar o valor das actividades posteriores á captura na creación dunha plataforma de vendas; ou o fortalecemento da colaboración coas entidades asociativas (proxectos GALP, plan de equipamentos portuarios, convenios coas Federacións das Confrarías de Pescadores, un estudo sobre o seguro de produción, etc).O obxectivo é promover a cogobernanza a través dunha coxestión dos recursos, no marco de asesoramento e colaboración entre o sector e os organismos científicos e investigadores.A Xunta de Galicia cumpre así o compromiso asumido co sector, en contraposición coa escasa implicación doutras administracións, como é o caso do Goberno central. Por este motivo, o conselleiro, e en defensa dos mariscadores, volveu a pedir ao Executivo estatal que corrixa o agravio cometido coa comunidade galega ao no declarar as súas rías zonas afectadas gravemente pola situación de emerxencia derivada da meteorolóxica adversa de finais de ano. E é que ter a colaboración do Goberno permitiría habilitar máis axudas que permitirían compensar as perdas económicas pola mortaldade severa nas poboacións de bivalvos, cubrir a diminución dos ingresos pola baixa produción ou eximir cotas á Seguridade Social aos traballadores afectados.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN