Xunta de Galicia

A Xunta pon de relevo as axudas abertas por 8 M? destinadas a unidades formativas en empresas para cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas

A Xunta pon de relevo as axudas abertas por 8 M€ destinadas a unidades formativas en empresas para cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou este mediodía o centro de Quattro Formación e participou na entrega de diplomas ao alumnado participante na unidade formativa implantada no Estaleiro Ría de Vigo

Recordou que as achegas para financiar estas unidades formativas en empresas –enmarcadas na aposta por unha formación flexible adaptada ás necesidades do tecido empresarial– manteñen o prazo de solicitude aberto ata o próximo 30 de setembro

Forman parte do investimento de 117 millóns de euros destinado ao Plan galego de formación para o emprego de 2024

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mediodía o centro de Quattro Formación e participou na entrega de diplomas ao alumnado participante na unidade formativa implantada no Estaleiro Ría de Vigo e apoiada pola Xunta. Alí, lembrou que a convocatoria deste ano cun importe de 8 millóns de euros para que as empresas galegas poidan cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas con unidades formativas deste tipo continúa aberta, con prazo de solicitude vixente ata o próximo 30 de setembro.Segundo a directora xeral, trátase dunha das medidas do Goberno galego na súa aposta por unha formación flexible adaptada ás necesidades do tecido empresarial. É unha iniciativa coa que se axuda ás empresas a impartir a súa propia cualificación sempre que se comprometan a contratar a polo menos un 40% do alumnado que participen na acción formativa. Deste xeito, estase contribuíndo a mellorar a capacitación das galegas e dos galegos e a xerar emprego ao mesmo tempo.A previsión do Goberno galego é que se leven a cabo unhas 290 accións formativas no marco da convocatoria de unidades formativas de empresas para 2024. Poden optar aos apoios empresas, soas ou agrupadas temporalmente, ou que sexan entidades e titulares de centros inscritos para impartir formación profesional para o emprego na Comunidade.As accións formativas con compromiso de contratación estarán dirixidas a persoas traballadoras desempregadas e impartiranse en modalidade presencial ata o próximo 29 de novembro de 2024.Para accederen ás unidades formativas, as alumnas e alumnos deberán estar rexistrados como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e non estaren ocupados na data de inicio dos cursos. Poden obviar este trámite as persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, tamén potenciais beneficiarias da cualificación.A contía das achegas que se concederán ás entidades calcularase en función do custo da formación na especialidade impartida, da duración en horas e do número de participantes previstos. A presente convocatoria inclúe a posibilidade de impartir novos módulos transversais de manipulador de alimentos e o básico de prevención de riscos laborais.Cómpre engadir que estas achegas insírense no Plan galego de formación para o emprego, dotado para o ano 2024 con 117 millóns de euros para impulsar unha formación dual e flexible, axustada ás necesidades do tecido produtivo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN