Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a torre fortaleza de Montes apostando pola dixitalización do patrimonio

A Xunta pon en valor a torre fortaleza de Montes apostando pola dixitalización do patrimonio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Un vídeo e a recreación do castelo baseada nun modelo interactivo en 3D son algúns dos recursos que pon a disposición do público esta iniciativa

O proxecto financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pretende divulgar as funcións que desenvolveu esta fortificación localizada en Forcarei

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca “a recuperación da historia a través das tecnoloxías en lugares nos que é complicada a reconstrución física”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na presentación da reconstrución virtual da torre–fortaleza de Castro de Montes, no municipio de Forcarei, onde destacou “a aposta da Xunta polas ferramentas dixitais e as últimas tecnoloxías para contribuír á divulgación do patrimonio, como é o caso deste proxecto ou da iniciativa Galiverso que emprega ferramentas inmersivas con ese mesmo obxectivo”.Tal e como sinalou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, este tipo de proxectos de recreación virtual “permiten recuperar a historia e o papel que desenvolveron en determinados territorios algunhas construcións, como esta de Forcarei”. Un obxectivo, dixo, “que dificilmente se podería levar a cabo de maneira física”.Neste senso, a torre–fortaleza, cuxos escasos restos se atopan na parroquia de San Miguel de Presqueira, conta grazas a esta iniciativa financiada polo Goberno galego, en colaboración coa Asociación de Amigos da Terra de Montes, con varios materiais destinados á súa posta en valor. Así, o público poderá achegarse á outrora gran fortificación a través dun

no que se visualiza a vista de paxaro a reconstrución do xacemento e dun modelo 3D que permite a interacción virtual co enclave. O acceso a estes recursos facilítase coa posta en marcha dunha web e a instalación dun panel informativo ao pé dos vestixios cos datos relevantes e un código QR.A fortificación de Castro de Montes debe o seu nome ao seu lugar de asentamento, un castro que foi utilizado posteriormente polos romanos como campamento. Na actualidade só quedan algunhas pedras da fortaleza que apenas permiten recoñecer a súa estrutura.Deste xeito, para a súa recuperación a nivel virtual realizouse previamente unha recompilación e filtrado de material histórico. Para axustarse á realidade e levar a cabo unha reconstrución fiel baseada en elementos reais fixéronse traballos de xeoreferencia e fotogrametría de todo o terreo, contando con datos de alta resolución.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN