Xunta de Galicia

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no festival Asnot de Padrón

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no festival Asnot de Padrón

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun sancosmeiro tradicional da sombreireira holandesa Amber van Thull

A reinterpretación do pucho tradicional galego presentada por Marta Estévez, acadou o recoñecemento na categoría Aprendiz

O Goberno galego patrocina por primeira vez este festival de divulgación da sombreirería co obxectivo de que se afiance como o evento de referencia para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o I Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest, patrocinando pola Xunta. Trátase dunha das principais novidades da edición deste ano do Festival Asnot de Padrón e está dotado con 600 euros. A peza gañadora foi

, da sombreireira holandesa Amber van Thull, coa que a autora buscaba reinterpretar un dos nosos sombreiros tradicionais: o sancosmeiro.A peza gañadora está tecida completamente á man con cinta de palla natural e fíos de poliéster, rematada cunha capa de resiña especial que lle dá rixidez e a impermeabiliza e adornada con penachos de trigo seco.Co lema

, o Chapeu Contest pretende convidar a profesionais e afeccionados a reinterpretar un sombreiro vinculado ao traxe tradicional galego ? un sancosmeiro, unha monteira ou un pucho ? co obxectivo de revalorizar estes sombreiros tradicionais e de traelos á actualidade. Na categoría Aprendiz, distinguiuse o traballo de Marta Estévez que reinterpretou un pucho tradicional galego a través da súa peza

.A Xunta colabora por primeira vez na celebración do Festival Asnot de Padrón, un evento centrado na divulgación do sombreiro a partir da retranca, do humor e do enxeño, co obxectivo de que se afiance como o evento de referencia para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia.Ademais do Premio Chapeu Contest, a Fundación Artesanía de Galicia colabora na organización do II Chapeu Market, un mercado de sombreirería que se celebra hoxe no Paseo do Espolón, en horario de 11,00 a 21,30 h. Neste mercado participan tres profesionais da marca Artesanía de Galicia: os sombreireiros Félix de Martín (Ourense) e Julia Vilariño (Pontedeume), e a cesteira María Isabel Liñares Recimil (Silleda), especializada en labores de palla.Outra das novidades da edición deste ano, que contou coa colaboración da Xunta, foron as

, que se celebraron na Casa Museo Rosalía de Castro, os días 22 e 23 de xullo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN