Xunta de Galicia

A Xunta publica as axudas para apoiar ás familias que reduzan a xornada laboral por coidado de menores e favorezan a corresponsabilidade

A Xunta publica as axudas para apoiar ás familias que reduzan a xornada laboral por coidado de menores e favorezan a corresponsabilidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A convocatoria deste ano, dotada de 620.000 euros, ofrece axudas que poden oscilar entre os 1.700 e os 3.700 euros por un período máximo de oito meses

Está dirixida a todo tipo de unidades familiares con fillas ou fillos de ata 3 anos ou 12 no caso de ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%

O

(DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas deste ano para compensar a redución da xornada de traballo das familias para atender ás súas fillas e fillos de ata 3 anos ou 12 no caso de ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. O Goberno galego destina a estas achegas 620.000 euros e están financiadas nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021–2027.O obxectivo desta orde de axudas é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes. Trátase de conseguir un cambio de tendencia e avanzar cara unha conciliación corresponsable. Con elas, búscase chegar a un maior equilibrio no reparto dos tempos das tarefas dos coidados e, deste xeito, favorecer a empregabilidade e a promoción profesional das mulleres.Estas axudas están dirixidas a todo tipo de unidades familiares, como as monoparentais, as monomarentais, as integradas por persoas do mesmo sexo e para os homes nos casos de familias de distinto sexo. A súa contía oscila desde os 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada de traballo e do número de menores a cargo. O máximo período subvencionable será de oito meses, comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024. Como novidade, para calcular a axuda terase en conta a porcentaxe máxima de redución da xornada co fin de que esta sexa a máis elevada posible.As persoas interesadas terán un mes de prazo para solicitalas. O prazo para resolvelas será de catro meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación. No ano 2023, máis de 300 familias recibiron esta achega para o fomento da corresponsabilidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN