Xunta de Galicia

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove que suman preto de 7,5 quilómetros

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove que suman preto de 7,5 quilómetros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en dous tramos de canles fluviais no concello de Xove (Lugo) que suman un total de 7,5 quilómetros.As tarefas, que se desenvolverán nas parroquias de Santo Estevo de Sumoas, San Bartolo de Xove, San Pedro de Xuances e Santa Eulalia de Lago, afectan ao rego de Guilán (a preto de 5,4 quilómetros) e ao rego do Lago (algo máis de 2 quilómetros). As actuacións consisten na retirada de árbores e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso ás canles.Os traballos, que xa foron comunicados ao concello, prolongaranse durante aproximadamente seis semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio como unha carretilla de carga.Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia–Costa e nas zonas de acceso e protección. O fin último é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN