Xunta de Galicia

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía, que suporá un investimento de 19 M?

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía, que suporá un investimento de 19 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O Goberno galego prevé comezar a finais deste ano 2024 a execución destas actuacións

O futuro edificio de dúas plantas albergará 18 consultas medicina xeral, 17 de enfermería, 6 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica

As instalacións ocuparán unha superficie construída de 8.300 m², xerando dúas prazas abertas cara á cidade e aos viarios aos que dá fronte, a avenida da Mariña e a rúa Elpidio Villaverde

Trátase de crear un espazo que facilite o traballo do persoal sanitario e procure o benestar dos usuarios que van ser atendidos

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, que suporán un orzamento de 19M?.A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas construirá a nova infraestrutura sanitaria, como encomenda do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O Goberno galego prevé iniciar a finais deste ano 2024 estas obras.As instalacións ocuparán unha superficie construída de 8.300 m² e terán forma de dobre U, xerando ademais dúas prazas abertas cara á cidade e cara aos viarios aos que dá fronte (Avenida da Mariña e rúa Elpidio Villaverde).Nestas novas prazas xogará tamén un papel moi importante a vexetación, que se disporá tanto nos percorridos peonís como a zona viaria, e servirá como nexo de unión coa zona do porto. O peche exterior executarase con celosías elaboradas con madeira de batea que filtran a luz natural e preservan a privacidade, mentres que as salas de espera e áreas comúns do edificio acondicionaranse con espazos vidrados con control solar e madeira vista no interior, que buscan conferir ao edificio un carácter máis amable.No que se refire á distribución do edificio, o plan funcional establecido para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa prevé chegar ás 18 consultas de medicina xeral (4 máis con respecto ao actual centro de San Roque), outras 17 consultas de enfermería (4 máis), 6 consultas de pediatría e 5 de enfermería pediátrica (2 máis respectivamente).As instalacións contarán tamén con 2 consultas de odontoloxía, 2 de hixienista dental, 2 de fisioterapia, 1 de nutricionista, outra de psicoloxía, 1 consulta da muller, 2 de matrona, 1 de rehabilitación, 5 de docencia e 3 consultas polivalentes; ademais de salas de técnicas, de toma de mostras, de lactancia, de educación para a saúde ou de rehabilitación con 6 cabinas.A área do PAC disporá de dúas salas de espera independentes, área de respiratorios, 3 consultas de medicina, 2 consultas de enfermería, 1 de reanimación e 1 consulta de observación.Trátase de crear un espazo que facilite tanto o traballo do persoal sanitario, como procurar o benestar dos usuarios que van ser atendidos.A nova infraestrutura conta cun deseño que prima tanto a calidade como a funcionalidade co fin de prestar un servizo eficiente e converterse tamén nun referente arquitectónico.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN