Xunta de Galicia
A Xunta reclama ao Goberno central criterios consensuados coas comunidades autónomas para a distribución dos fondos de formación para o emprego
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
José González reiterou, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, a importancia do diálogo e a cooperación conxunta coas diferentes administracións laborais das autonomías no reparto dos fondos SEPE
Lamentou o centralismo do Estado que dificulta ter en conta as singularidades de cada rexión na aplicación das políticas activas de emprego cando son as comunidades autónomas as que teñen as competencias exclusivas nesta materia
A Xunta reclama unha maior claridade e transparencia en relación coas fórmulas de distribución dos fondos de formación para as políticas activas de emprego de cara a 2025, financiadas con recursos do Estado, así como unha menor inxerencia do Goberno na aplicación de ditos fondos. Así o reiterou esta tarde o conselleiro do Emprego, Comercio e Emigración, José González, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais do Ministerio de Traballo e Economía Social, na que participou por videoconferencia.Neste encontro, abordáronse os criterios de distribución de fondos para políticas activas de emprego, cuestión sobre a que Galicia tamén demandou que os do vindeiro ano sexan debatidos nunha próxima conferencia sectorial, debido a que é un asunto que require ser analizado con antelación e atendendo ás autonomías. Afondando neste posicionamento, o titular de Emprego insistiu na necesidade de que se establezan unhas pautas consensuadas necesariamente coas Comunidades Autónomas e puxo de manifesto a excesiva intervención central nesta materia, sen ter en conta as circunstancias e particularidades de cada autonomía á hora de fixar criterios de distribución dos fondos. Máxime, subliñou, cando son as comunidades autónomas as que teñen as competencias exclusivas nas políticas activas de emprego.Nesta liña, o conselleiro remarcou que é preciso dotar de maior flexibilidade a determinación dos destinatarios diana das políticas, posto que cada territorio ten as súas singularidades.Tamén manifestou que os criterios de distribución que teñen os indicadores de formación para o emprego na actualidade non son acordes coa actual distribución competencial do reparto dos fondos para as políticas de formación, a meirande parte deles dependentes do Ministerio de Educación.Isto implica, indicou, que os fitos acadados con estes programas non computen á hora de lograr os indicadores que marca o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e que, polo tanto, penalizan as políticas de formación postas en marcha por parte das autonomías.A maiores, José González solicitou que os criterios e indicadores de fondos SEPE para o próximo exercicio 2025 se adopten en consideración cos requerimentos das diferentes direccións xerais con competencias nesta materia e non como ata o de agora se viña facendo, por medio de grupos técnicos alleos ás autonomías.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando