Xunta de Galicia
A Xunta reclama ao Goberno central planificación e axilidade na asignación e execución dos fondos europeos
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Pide unha cogobernanza real coas comunidades autónomas e que estas axudas vaian acompasadas ás necesidades do tecido empresarial
Avoga por converter Galicia nun polo de atracción industrial na Península e por impulsar unha industria de alto nivel tecnolóxico e innovador
Destaca o acompañamento que ofrece o Goberno galego ás empresas a través da Oficina Económica de Galicia, que atende unhas 1.000 consultas ao mes desde a súa posta en marcha en abril
Remarca que o obxectivo é desenvolver unha política industrial integrada e responsable
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, volveu reclamar hoxe ao Goberno central unha mellor planificación dos fondos europeos, maior axilidade na súa asignación e execución e unha cogobernanza real coas Comunidades Autónomas.Na súa intervención nun xantar–coloquio organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Lorenzana criticou que catro anos despois de ser anunciados existe unha desconexión entre as necesidades do tecido empresarial e o deseño dos Perte.Así, a conselleira subliñou que Galicia é, a día de hoxe, a única comunidade autónoma que leva executado máis de tres cuartas partes dos fondos asignados e alertou novamente de que é necesario acompasar estas axudas ás verdadeiras necesidades do tecido produtivo e aos tempos de execución dos proxectos.Neste sentido, puxo en valor o compromiso da Xunta por facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península e destacou que, para iso, o Goberno galego está a ofrecer a máxima axilidade administrativa e medidas de apoio ao tecido produtivo para seguir crecendo e creando emprego de calidade. “É necesario reducir a burocracia, facilitar os trámites administrativos e achegar a Administración ás empresas”, dixo, como a Xunta está a facer dándolles o acompañamento necesario a través da Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape. “Desde a súa posta en marcha no mes de abril, atende unhas 1.000 consultas ao mes”, apuntou.En liña con isto, Lorenzana destacou que o obxectivo do Goberno galego é desenvolver unha política industrial integrada e responsable para facer un aproveitamento sustentable dos recursos naturais, impulsando unha industria de alto nivel tecnolóxico e innovador. Ao respecto, mencionou que se está traballando nos plans directores para os sectores estratéxicos de Galicia –como o do naval e a automoción cuxos borradores xa se presentaron– para o desenvolvemento dun mapa industrial de Galicia.“Non nos imos deter á hora de defender os intereses de Galicia e por iso vimos realizando un impulso de proxectos industriais e, concretamente, de proxectos que identificamos como estratéxicos ou que se están tramitando través do Plan de impulso e aceleración de proxectos industriais”. “E vimos de regular o solo público empresarial gratuíto durante os oito primeiros anos”, dixo.Lorenzana subliñou que o obxectivo da Xunta é ofrecer axilidade, facilidades nos procedementos, e acompañamento para converter Galicia nunha comunidade atractiva para as empresas que xa están instaladas e tamén para os novos investimentos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando