Xunta de Galicia

A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento

O director xeral sinalou que no 2023 subvencionouse case un 40% o conxunto das pólizas españolas, unha porcentaxe que en Galicia baixou ata o 29,88%

Ademais, destacou que a Consellería do Medio Rural segue a traballar para favorecer a contratación destes seguros cun investimento de máis de 50 millóns de euros nos últimos sete anos, cun orzamento que se duplicou do 2017 a este 2024

Na Comisión tamén participaron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño

A Consellería do Medio Rural insistirá na reclamación ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que mellore o sistema de seguros agrarios en España, de xeito que a porcentaxe subvencionada nas pólizas galegas se incremente e, ao mesmo tempo, facer máis atractivo o aseguramento no sector. Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento.Durante a súa intervención, Balseiros sinalou que no 2023 subvencionouse case un 40% o conxunto das pólizas españolas, unha porcentaxe que en Galicia baixou ata o 29,88%. Isto, explicou, débese a que as pólizas gandeiras máis demandadas na nosa comunidade contan cunha porcentaxe de subvención inferior, fronte a outras comunidades que contan cun maior equilibrio entre os seguros agrícolas e gandeiros.José Balseiros sinalou que a Entidade Nacional de Seguros Agrarios (Enesa) está a incrementar os prezos das pólizas, especialmente no ano pasado, o que repercute directamente nos agricultores e gandeiros. Desde a Consellería do Medio Rural, afirmou, estase a traballar para procurar un maior aseguramento no sector agrícola, tendo en conta especialmente as consecuencias do cambio climático e a maior incidencia dos efectos climatolóxicos adversos sobre os cultivos. Por iso, destacou, a Xunta conta con axudas para incentivar a contratación destes seguros cun investimento de máis de 50 millóns de euros desde o 2017, duplicando neste 2024 a axuda dese ano, o que permitiu o aumento sostido da superficie, dos animais e do capital asegurado.Pola súa banda, o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, tamén deu resposta a outra pregunta da Comisión 7ª sobre o sector lácteo, no que Galicia é un referente nacional. Nela trasladou a reclamación que se fixo á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) para manter os prezo do leite nos niveis actuais, co fin de favorecer a estabilidade e sustentabilidade do sector, e que se reduza o diferencial dos prezos con respecto a outras comunidades, tendo en conta a excelente calidade e as condicións hixiénico–sanitario do leite galego. Ademais, sinalou a esixencia ao Ministerio de Agricultura para que controle que se respecte e se cumpra coa Lei da cadea alimentaria en todas as comunidades autónomas por igual. Ao mesmo tempo, destacou que a Consellería está a traballar para que os gandeiros galegos perciban un prezo axeitado polo seu leite, que lles permita cubrir os seus custos e acadar unha marxe de beneficio. Nesta liña destacou dúas ferramentas que están a disposición do sector e da Administración que son a Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria e o chamado Paquete Lácteo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores.Estas dúas ferramentas, explicou Juan José Cerviño, favorecen a trazabilidade e transferencia nas transaccións comerciais no sector lácteo, a través da formalización obrigatoria de contratos e facultaron ás administracións públicas para exercer a vixilancia e control destas transaccións.Por último, quixo resaltar que Medio Rural seguirá fomentando a constitución de organización de produtores lácteos, nas que poden agruparse para negociar os prezos. Sobre isto, apuntou que é un fito e unha vantaxe coa que non contan outros eidos produtivos e por iso se debe explotar. En resposta a outra pregunta desta Comisión 7ª, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, explicou que o “Protocolo de actuación nas brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en ausencia do/a bombeiro/a Xefe/a de brigada” distribuíuse a través dunha circular aos centros de coordinación provinciais e distritos forestais no pasado verán.Recalcou que aos distritos forestais remitíuselle no seu momento un diagrama de fluxos para a toma de decisións en caso de ausencia do xefe de brigada, que está recollido de forma explícita, polo que dispoñen dunha guía para unha axeitada organización neste senso salvagardando a prestación do servizo público e garantindo a seguridade e saúde do persoal.O director xeral de Defensa do Monte tamén resaltou o compromiso da consellería do Medio Rural coa prevención de incendios forestal, así como coa formación continua e o adestramento do persoal da Xunta que integra o SPIF para seguir mellorando a súa capacidade de actuación adaptadas aos cambios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN