Xunta de Galicia

A Xunta reforza a contratación neste verán de auxiliares de policía local nos concellos máis turísticos

A Xunta reforza a contratación neste verán de auxiliares de policía local nos concellos máis turísticos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que se destinan “145.000 euros” á contratación de profesionais “en once municipios” da comunidade

O obxetivo é reforzar a seguridade nos concellos “nos que se multiplica a poboación” durante o periodo estival

O Goberno autonómico leva investido máis de 1 M? nestes apoios desde 2012

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou hoxe de que a Xunta destina este verán 145.000 euros “a impulsar a contratación de auxiliares de policías locais en 11 concellos turísticos” da comunidade. O obxectivo é “reforzar a seguridade” naqueles municipios “nos que se multiplica a poboación durante o verán”.A través do Plan específico de subvencións para a contratación de auxiliares de policía local, a Xunta subvenciona as contratacións que realicen os concellos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste 2024.Consonte os criterios de selección, 11 concellos recibirán as axudas á contratación de auxiliares de policía local este ano: Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Poio, Cangas, Cambados e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; así como os concellos coruñeses de Miño e A Pobra do Caramiñal, e o lucense de Monforte de Lemos.Tal e como explicou Calvo, os concellos poderán recibir entre 8.000 ? e 21.500 ? para “sufragar parte dos gastos de contratación” deste auxiliares de policía local. A contía calcúlase tendo en conta a porcentaxe que representan as prazas hoteleiras en cada concello respecto da súa poboación total.Deste xeito, nos municipios nos que as prazas de aloxamento supoñan máis do 75 % sobre o total de habitantes reciben axudas por importe de 21.500 euros, como é o caso de Sanxenxo e O Grove. No concello de Baiona, onde as prazas de aloxamento representan máis do 40 %, a contía máxima é de 18.500 euros, mentres que nos municipios que como A Guarda, Miño e Poio, a porcentaxe supera o 20 %, a subvención é dun máximo de 12.500 euros. Cangas, A Pobra do Caramiñal e Cambados recibirán 10.000 euros en cada caso, debido a que as prazas de aloxamento en comparación coa poboación é superior ao 15 %, e no caso de Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos, a subvención será de 8.000 euros debido a que representa menos do 15 %. Entre os criterios de selección, ademais de contar con máis de 5.000 habitantes e cun mínimo de 1.000 prazas de aloxamento, exíxese contar coa declaración como municipios turísticos galegos, cun corpo de policía local e participar no proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local, convocado pola Orde do 12 de febreiro de 2024. Alternativamente requírese ter convocados procesos selectivos para a cobertura de postos de auxiliares de policía local durante este ano, e ter remitidas as bases da dita convocatoria á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para os efectos da emisión de ditame. Desde a posta en marcha do plan, en 2012, o Goberno galego leva investidos máis de 1,1 millóns de euros no financiamento da contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán nos concellos turísticos da comunidade. Nesta liña, cómpre salientar que o orzamento deste exercicio é dos máis elevado dos 11 anos de aplicación, só igualado ás convocatorias de 2023 e 2021.A Xunta colabora desta forma cos concellos máis turísticos de Galicia co obxectivo de reforzar a eficacia dos seus corpos policiais. A medida enmárcase ademais no compromiso para facilitarlles ás administracións locais a prestación de servizos a prol da seguridade de veciñanza e visitantes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN