• Jueves, 22 de agosto 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta reforza o exercicio da medicina no rural investindo en equipamento diagnóstico e fomentando incentivos para os profesionais en postos de difícil cobertura

A Xunta reforza o exercicio da medicina no rural investindo en equipamento diagnóstico e fomentando incentivos para os profesionais en postos de difícil cobertura

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:02

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu ao acto de entrega da II Beca de Medicina Rural da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA)– SEMG

Comesaña felicitou aos galardoados e deu as grazas aos organizadores do acto, “por visibilizar, a través desta beca de medicina rural, experiencias que contribúen á mellora do noso sistema de saúde”

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Lugo, 3 de xuño de 2023O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, no acto de entrega da II Beca de Medicina Rural da Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, os investimentos en materia de equipamento diagnóstico e fomento de incentivos para os profesionais que exercen a medicina en postos de difícil cobertura, que está a realizar o Goberno galego. O responsable do Sergas sinalou que a Xunta adquirirá máis de 180 ecógrafos portátiles para atención primaria, dotados con tecnoloxía de intelixencia artificial, que irá guiando ao profesional para facer a mellor exploración posible. “Isto vai permitir chegar a que todos os servizos de atención primaria galegos dispoñan dun ecógrafo”.Xunto ao anterior, Comesaña remarcou que a Xunta actualizará o equipamento diagnóstico na totalidade dos centros de atención primaria galegos, adquirindo novos dispositivos multidiagnóstico e dotando de equipos de probas rápidas a todos os servizos de primaria. “Somos conscientes do esforzo que fan os nosos profesionais e queremos ofrecerlles as mellores condicións para que poidan desenvolver o seu traballo no eido do equipamento e nos das condicións laborais”.“O exercicio profesional no rural é moi gratificante, pero tamén ten algúns inconvenientes, e iso hai que incentivalo”, –dixo o conselleiro–. Ao respecto Comesaña destacou que a Xunta leva tempo insistindo en que se reforme o Estatuto Marco do persoal sanitario para introducir esas vantaxes específicas para as prazas de difícil cobertura na lexislación nacional. Mentres iso non se produza, o responsable do Sergas incidiu en que a Xunta actúa e, no pasado ano, acordou, co consenso de todas as organizacións sindicais, o aumento de complementos para os médicos que traballan en centros de saúde illados ou de difícil cobertura. “Tamén foi a primeira comunidade en convocar prazas en propiedade mediante concurso de méritos para estes centros”.Xunto ao anterior, Comesaña puxo en valor a implantación dos plans locais de saúde, “que son a folla de ruta estratéxica que transforma a atención primaria mellorando a saúde da poboación e a eficiencia do servizo, así como a satisfacción dos profesionais e a calidade e experiencia do paciente”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2