Xunta de Galicia
A Xunta salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para equilibrar a protección e o uso sostible dos espazos naturais
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Marisol Díaz subliña que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do Parque Nacional e aumentar a súa proxección nacional e internacional
Os 140 participantes, que proceden de España, Portugal, Andorra, Italia e Portugal, percorrerán 23 quilómetros entre a illa de Ons e Combarro, en Poio
A Xunta de Galicia salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como modelo a seguir para garantir o equilibrio entre a protección e o uso sostible dos espazos naturais da Comunidade.Durante a presentación da proba que se desenvolverá o vindeiro 7 de setembro entre a praia de Area dos Cans, na illa de Ons, e Combarro, no Concello de Poio, a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, subliñou que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e aumentar a proxección nacional e internacional deste espazo protexido.Nesa liña, a directora xeral incidiu no compromiso do Goberno galego con actividades que contribúan a promover a responsabilidade, o respecto e a conservación da contorna así como a concienciar da necesidade de protexer o medio ambiente.Así, ao abeiro desta proba deportiva, desenvolveranse varias actividades en colaboración co parque nacional: unha ruta guiada pola illa de Ons; un concurso de fotografía para escoller as tres mellores imaxes da illa e unha recollida de residuos na praia de Area dos Cans, coa que, baixo o lema Mollámonos polo medio ambiente, se pretende promover a concienciación ambiental.A maiores, cómpre indicar que durante a travesía a nado instalaranse contedores nos barcos de avituallamento para a recollida de refugallos dado que estará totalmente prohibido tiralos ao mar, en cuxo caso o nadador será descualificado.Este ano celébrase a terceira proba da terceira edición da competición Tripla Coroa Illas Atlánticas de Galicia despois de que en 2022 tivese lugar a primeira actividade coa travesía entre Cíes e Baiona e o ano seguinte se celebrase entre Sálvora e Ribeira.Nesta ocasión, os 140 participantes, que proceden de España, Portugal, Andorra, Italia e Portugal, percorrerán 23 quilómetros entre a illa de Ons e Combarro, no Concello de Poio, pasando por Tambo. Trátase da travesía máis longa das tres realizadas e a duración media estimada prevese que estea por encima das oito horas, o que dá mostra da esixencia desta travesía.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando