Xunta de Galicia

A Xunta salienta a súa aposta polo turismo náutico cun investimento de máis de 3 M?

A Xunta salienta a súa aposta polo turismo náutico cun investimento de máis de 3 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director de Turismo de Galicia e o de Portos de Galicia asistiron hoxe ao izado de bandeiras azul, Q e S de Calidade e Sostibilidade turística en Portonovo

Pon de manifesto a importancia da calidade dos clubes náuticos aos que o Goberno autonómico apoia este ano con fondos europeos Next Generation

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, participaron hoxe no izado de bandeira Q de Calidade, S de Sostibilidade e Bandeira Azul ao Club Náutico de Portonovo. No acto, o director de Turismo de Galicia salientou a “importancia estratéxica” que o turismo náutico ten para o Goberno autonómico cun investimento de máis de 3 M? para a mellora das infraestruturas dos portos deportivos que destina este ano. Como recordou, a Xunta de Galicia, ao abeiro dos fondos europeos Next Generation emprendeu primeiro un investimento de máis de millón e medio de euros para acondicionar os portos da Ruta Traslatio e destinou despois outros máis para o resto de portos deportivos “coa intención de que estean nas mellores condicións de eficiencia enerxética, accesibilidade e modernización”, indicou. Neste sentido, recordou que a calidade turística é un dos elementos fundamentais nos que traballa a Xunta de Galicia en todas as direccións, como demostra tamén o seu traballo e asesoramento para que infraestruturas como os portos deportivos poidan acadar tamén recoñecementos como a Q de Calidade Turística ou a S de Sostibilidade turística, que se complementan con outros recoñecementos como a Bandeira Azul. En total, 10 portos de titularidade autonómica, a través de Portos de Galicia, veñen de conseguir este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros. Ademais, 16 portos deportivos pecharon o ano 2023 coa Q de Calidade Turística. Ademais, Xosé Merelles puxo de manifesto o papel que o Club Náutico de Portonovo pode ter neste impulso ao turismo náutico e recordou a positiva evolución da turismo este ano, con altos niveis de rendibilidade hoteleira no primeiro semestre do ano e con máis de 2,8 millóns de viaxeiros aloxados, un crecemento do 2,4 %.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN