Xunta de Galicia

A Xunta solicita ao Consello Consultivo de Galicia que valore a posibilidade de que o Goberno galego recorra a Lei de amnistía

A Xunta solicita ao Consello Consultivo de Galicia que valore a posibilidade de que o Goberno galego recorra a Lei de amnistía

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Entrega un completo análise da normativa que amosa as razóns para presentar un recurso de inconstitucionalidade

Rueda salienta que a lei aprobada polo Goberno central contradí varios artigos da Carta Magna e ademais é arbitraria, choca contra o principio de igualdade e vulnera a separación de poderes

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico acaba de solicitarlle ao Consello Consultivo de Galicia que emita un ditame sobre a posibilidade de que o Executivo galego “interpoña un recurso de inconstitucionalidade” contra a Lei orgánica 1/2024 de amnistía. Tal e como explicou Rueda, a xuridisprudencia recoñece o dereito das comunidades autónomas a interpoñer recursos de inconstitucionalidade non só para a defensa de competencias propias senón para o restablecemento da orde xurídica constitucional. O presidente salientou que, tras un amplo traballo de documentación, o obxectivo da Xunta é poder recorrer a Lei aprobada polo Goberno central ao considerar a Asesoría Xurídica que esta Lei orgánica contradí artigos da Constitución como o 9.1, que establece que todos os cidadáns e poderes públicos estarán sometidos á Carta Magna e ao resto do ordenamento xurídico. Ademais, Rueda fixo fincapé en que, segundo a Asesoría Xurídica, se trata dunha lei arbitraria, que choca frontalmente co principio de igualdade, que vulnera “o principio de separación de poderes” –ao deixar sen efecto decisións firmes adoptadas polo poder xudicial– e que atenta contra o principio de seguridade xurídica ao actuar nun eido tan “amplo e indeterminado”.A Xunta elevou un recurso ao Consultivo no que se analiza tanto a Lei no seu conxunto como individualmente os seus artigos e que conclúe que existen razóns para que a comunidade actúe na defensa do Estado de Dereito.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

02:00H | 16 NOV 2024 | BOLETÍN