Xunta de Galicia

A Xunta subliña que a Lei de Recursos Naturais permitirá abaratar a factura eléctrica ás familias e ás empresas

A Xunta subliña que a Lei de Recursos Naturais permitirá abaratar a factura eléctrica ás familias e ás empresas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, participou na Future Energy Summit 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe que a Lei de Recursos Naturais que se está a tramitar no Parlamento galego permitirá abaratar a factura eléctrica ás familias e ás empresas, así como avanzar na autonomía enerxética da comunidade galega.O director xeral participou esta tarde nas xornadas

onde explicou que a Lei converterá a riqueza natural de Galicia en riqueza social e garantirá que todos os proxectos que se desenvolvan na Comunidade teñan unha repercusión positiva no territorio. A Lei comprende os proxectos de produción de enerxía a partir de fontes renovables; os que requiren da concesión de augas que a propia lei determina; e os dereitos, concesións mineiras e proxectos de explotación mineiros. Pablo Fernández Vila explicou que se terá en conta a promoción de novos investimentos e, en particular, de mecanismos de reinvestimento dos beneficios obtidos; o fomento da creación e o mantemento de emprego directo e indirecto, así como a creación de emprego cualificado na área de implantación e o fomento do emprego feminino; ou a participación nos proxectos de investidores locais e de empresas e administracións da zona na que se situará a instalación.Tamén se valorará a redución de custos da enerxía e a redución da dependencia enerxética das persoas consumidoras locais e industrias das zonas; ou a colaboración e o desenvolvemento de grupos de investigación vinculados a melloras en aproveitamentos enerxéticos, mineiros, forestais ou industriais vinculados ás universidades e aos centros de investigación e desenvolvemento de Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados