O Premio de Honra da MIT será para Nova Galega de Danza
Esa compañía inaugura a 40 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con seu espectáculo "DIQUE"

Nova Galega de Danza
O Premio de Honra da MIT será para Nova Galega de Danza, que inaugurará a 40ª edición deste certame cultural con “DIQUE” espectáculo de recente estrea. Os organizadores destacan que este evento estará cargado de apoio e recoñecemento especial ao sector da danza e das artes do movemento.
Esta compañía xa recibiu en dúas ocasiós o Premio do Público nos últimos anos na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Esta edición especial da MIT estará marcada pola presenza de espectáculos diversos e sedutores para quen desexe atopar creación escénica contemporánea, híbrida e de alta calidade. Despois da venda de abonos, hoxe día 25 de xuño póñense á venda os espectáculos individuais tanto do Castelo como do Club Artístico. As entradas poden adquirirse na Praza Maior de Ribadavia, na sede oficial ou por internet: ataquilla.com e mitribadavia.gal
Escucha en directo

COPE ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Lo último
Programas


Programas-Tiempo de Juego
Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño
Sábados 13:00h-01:00h / Domingos 12:00h-01:30h


Últimos audios
Último boletín
