A Xunta apoia proxectos enerxéticos que xeren riqueza e abaraten a factura eléctrica

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu á sinatura dun acordo de colaboración entre as empresas Solgaleo e Sertogal

ctv-zwt-20240823-dxpem-sinaturasolgaleo 1

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe que a Xunta apoiará a implantación de proxectos enerxéticos que xeren riqueza en Galicia e contribúan a abaratar a factura eléctrica da cidadanía e das empresas. Todo isto co obxectivo de avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e o aforro enerxéticos.

Fernández Vila asistiu á sinatura do acordo de colaboración entre a empresa enerxética Solgaleo e a de enxeñería Sertogal para desenvolver proxectos enerxéticos que ofrezan vantaxes no ámbito das enerxías renovables, como unha maior independencia enerxética ou a fixación de poboación e o fomento de actividade económica nas zonas rurais.

Durante a presentación o director xeral, puxo en valor a importancia da colaboración entre as empresas galegas do mesmo sector e a súa aposta por aqueles proxectos que xeren riqueza no territorio onde se implanten. Así mesmo, sinalou que a transición enerxética cara a un modelo descarbonizado e dixitalizado precisa dunha maior presenza de renovables no mix enerxético, así como un maior fomento da autosuficiencia e o aforro enerxético.

Por outra banda, Pablo Fernández Vila subliñou que todo isto está aliñado coa Lei Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia que nace coa finalidade de converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social. E neste sentido avogou pola colaboración público-privada e destacou que “a Administración autonómica está inmersa en diferentes iniciativas que sirvan de punta de lanza desta lei e que ademais estean aliñadas con outras iniciativas empresariais”.

Finalmente, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas subliñou o apoio do Goberno galego aos novos proxectos industriais máis verdes, eficientes e sustentables, nunha aposta clara por converter a Galicia nun territorio favorable ás enerxías renovables.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN