CULTURA

A Deputación revalida o seu compromiso co Atlantic Fest, un símbolo da provincia e do destino Rías Baixas

O codirector do festival, Toño Caneda, destaca la combinación de "artistas consagrados como Leiva o Viva Suecia con otros grupos incipientes"

00:00

Entrevista a Toño Caneda, codirector del Atlantic Fest

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Deputación de Pontevedra revalida o seu compromiso co Atlantic Fest, que terá lugar entre o xoves 20 e o domingo 23 de xullo e se enmarca na marca provincial Rías Baixas Fest.

Na presentación do evento participou o deputado provincial Marcos Guisasola que remarcou a súa importancia como “símbolo desta provincia, que pon Vilagarcía e Pontevedra no mapa e impulsa a economía da cidade, comarca e provincia”. Xunto ao deputado déronse cita no acto o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a codirectora do Atlantic Fest, Susana Laya, a directora da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Begoña Mesejo, así como representantes de Mahou San Miguel, Bodegas Martín Códax e a Fundación Paideia.

A aposta da Deputación polo Atlantic Fest enmárcase na política de sumar sinerxias e tender lazos de colaboración entre administracións e co sector privado, como destacou o presidente Luis López na súa toma de posesión. De feito, o deputado provincial fixo fincapé na necesidade de traballar conxuntamente para potenciar a industria cultural e turística xa que Atlantic Fest amosa unha ampla oferta das potencialidades do destino Rías Baixas, dende a música, ata os valores culturais, paisaxísticos, medioambientais e gastronómicos. Neste eido Guisasola felicitou á organización do festival pola súa implicación e compromiso e animounos a “seguir traballando así de ben para que o festival siga así de vigoroso durante moitos anos máis”.

Atlantic Fest reuniu o pasado ano a milleiros de persoas na praia da Concha de Vilagarcía. Trátase dun evento que combina música e gastronomía e mantén un compromiso co respecto á contorna natural. Nesta súa sétima edición, que arrancará o xoves 20 de xullo e se espallará ata o domingo 23, contará con cinco escenarios diferentes: Vilagarcía Viva (no Auditorio), Galicia, Vibra Mahou e Alma Atlántica (na praia da Concha) e Sonemerxente (na praza de Galicia). Abrirá o festival Abraham Boba no escenario Vilagarcía Viva, o xoves 20.

Na praia da Concha poderanse escoitar, entre os días 21 e 22 de xullo, grupos como Leiva, Viva Suecia, Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, EME DJ, ou La Bien Querida. O domingo, 23, o escenario Sonermerxente da Praza de Galicia acollerá aos grupos De Ninghures, Law e Ania Baires. A parte gastronómica estará representada a través de diferentes foodtrucks que se instalarán ao longo do recinto.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Programas

Último boletín

12:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN