ELECCIONES

Luis López, en Cope: "O PP será a forza máis votada en Pontevedra e coa ilusión de cambiar o rumbo de Poio"

O presidente provincial do PP confía en ampliar o número de 9 alcaldías e os 50.000 votos no partido xudicial de Pontevedra

00:00

Luis López, presidente provincial do PP

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Este venres comezará a recta final para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023 ao restar 100 días para elixir entre os candidatos e as candidatas ás alcaldías dos 21 concellos que forman parte do partido xudicial de Pontevedra.

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, amosou no Mediodía de Cope a súa confianza de cara a aumentar as nove alcaldías, os 50.080 votos e o 37% dos apoios recibidos polos cidadáns nas eleccións do 2019.

Pontevedra

O dirixente popular agarda que o PP de Rafa Domínguez volva subir o número de concelleiros da cidade do Lérez, despois de pasar tras as últimas eleccións de sete a nove edís na corporación municipal.

"Estamos á alza e todo apunta a que seremos a forza máis votada en Pontevedra, coa única dúbida de se alcanzaremos a maioría absoluta que necesita o PP para gobernar na cidade", engadiu López.

Poio

O resultado electoral das municipais do 2019 en Poio deixou ó PP a un concelleiro da maioría absoluta (8 de 9). O portavoz municipal, Ángel Moldes, repetiu na oposición dun tripartito formado polo BNG (5), o PSdeG (3) e Avante Poio (1).

O presidente provincial do PP ten depositadas "moitas ilusións polo traballo ben feito por Moldes" e pensa que chegou o momento de darlle a Poio "un cambio de rumbo necesario despois de 28 años do mesmo goberno" liderado polo BNG.

Perspectivas no partido xudicial

Actualmente, o PP é a forza máis votada no partido xudicial de Pontevedra. Os populares gobernan en Pontecesures, Valga, Portas, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Soutomaior e Marín.

O 28-M confían en manter as nove alcaldías e sumar outras nas que hai depositadas "moitas ilusións" como é o caso de Bueu, Moaña, Vilaboa ou Barro.

O PP arrinca a campaña electoral satisfeitos coa imaxe dun partido serio e que aportará tranquilidade en tempos convulsos para a economía.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN