Inés Rey felicita a Jacobo Copa polo seu título de campión do mundo de hockey a patíns sub-19

A alcaldesa recibiu ao deportista, que “garante un brillante futuro para o Liceo e o deporte coruñés”

Inés Rey con Jacobo Copa

Andy Perez

Inés Rey con Jacobo Copa

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

1 min lectura

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita a Jacobo Copa, recente campión do mundo de hockey a patíns sub-19. O deportista coruñés vén de acadar este título a pasada fin de semana na final entre España e Portugal, na que anotou un decisivo tanto a seis minutos para o final.

“Jacobo Copa garante un futuro brillante para o Liceo e para o deporte coruñés, que conta con importantes figuras chamadas a ser importantes no futuro”, sinalou a alcaldesa. Rey celebrou tamén a aposta do Liceo polo coruñés, que formará parte do primeiro equipo esta tempada, xunto con outros deportistas da cidade como Dava Torres ou César Carballeira. “Estou segura de que o equipo fará unha gran tempada, á altura dun dos clubs históricos deste deporte”, indicou a rexedora.

Inés Rey, que estivo acompañada do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou tamén o apoio que o Concello lle dá ao Liceo como parte da aposta municipal polo fomento do deporte e o hockey en particular. “Este ano A Coruña será sede da Supercopa de España, que reunirá aos mellores equipos da competición nunha nova mostra de que somos unha cidade con moita tradición e apoio ao hockey”, sinalou. A rexedora animou á cidadanía a asistir á Supercopa, na que o Liceo enfrontarase ao Barcelona o vindeiro 5 de outubro.

TAMÉN CON DIEGO CALVO

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe co xogador coruñés de hóckey sobre patíns Jacobo Copa, quen vén de proclamarse campión do mundo sub-19 coa selección española. Diego Calvo transmitiulle os parabéns polo triunfo, que se suma ao subcampionato de Europa sub-19 conseguido en 2023 e a outros títulos anteriores en categorías inferiores. Criado na base do Dominicos, Copa incorporouse este verán ao primeiro cadro do Hóckey Club Liceo da Coruña.

Programas

Último boletín

18:00H | 18 SEP 2024 | BOLETÍN