A Coruña enxalza o bonito nunhas xornadas gastronómicas este verán

'A Coruña, que bonito' celebrarase do 16 de xullo ao 18 de agosto, e pode participar calquera restaurante da cidade

Pieza de bonito

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A oferta gastronómica da Coruña para este verán verase reforzada coa celebración das xornadas ‘A Coruña, que bonito!’, que se desenvolverán na cidade entre o 16 de xullo e o 18 de agosto. O Concello da Coruña organiza esta iniciativa con tres claros obxectivos: poñer en valor a excepcional calidade dun produto do mar como é o bonito, potenciar a competitividade do turismo gastronómico na cidade desenvolvendo actividades de calidade baseadas na identidade do territorio e a súa tradición culinaria e apoiar o sector da restauración.

A iniciativa forma parte das medidas postas en marcha polo goberno herculino para impulsar eventos gastronómicos que contribúan á potenciación do turismo e aporten novas ofertas á cidadanía.

Bases da inscrición

A participación está aberta a calquera restaurante da cidade, se ben limitarase o número de participantes a 30. Os locais que opten por formar parte destas xornadas deberán incluír na súa carta un menú, prato ou oferta gastronómica na que o bonito da Lonxa da Coruña sexa o protagonista, podendo presentar ata un máximo de 3 propostas diferentes.

As inscricións poden formalizarse desde este 6 de xuño, ata o 19 de xuño ás 14.00 horas, na páxina web de Turismo da Coruña. A participación é gratuíta.

Referencia gastronómica

A gastronomía local é un dos piares fundamentais do turismo na cidade. A excelente calidade dos produtos e a variada oferta gastronómica son un dos principais motivos polos que A Coruña é un referente na cociña atlántica en España e Europa. Restaurantes con Estrela Michelín e varios Sol Repsol, locais de tapas e viños, tabernas típicas...

A forte oferta hostaleira da cidade reforza que A Coruña sexa un reclamo turístico para todas aquelas persoas amantes da boa gastronomía. Unha gastronomía moi local que se presenta ao mundo como parte da cultura de vivir dos coruñeses, tal e como resalta o consistorio coruñés.

Escucha en directo

Directo

COPE A CORUÑA

Directo

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

04:00H | 8 SEP 2024 | BOLETÍN