DIA DE GALICIA

Larsa homenaxea o campo galego cun concerto "único e irrepetible"

O primeiro Concerto de Pastoreo irá da man da Orquestra Clásica de Vigo, a máis antiga de Galicia. Terá lugar esta tarde nuns pastos de Teixeiro, en Curtis

00:00

Entrevista Ana Rodríguez, brand manager de Larsa

Eva Iglesias

Coruña - Publicado el

1 min lectura

Seguro que algunha vez na túa vida paseaches por un entorno rural sen ruidos urbáns onde só se escoitaba o cantar do galo ou o muxir das vacas, o piar dos paxaros. Neste día de Galicia, esta tarde, a partires das sete e media, a marca láctea Larsa vai acompañar eses sons cun concerto "único e irrepetible": O primeiro Concerto do Pastoreo. Un concerto da man da Orquestra Clásica de Vigo, a máis antiga de Galicia que terá lugar nun entorno "privilexiado", nos pastos la localidade de Teixeiro, en Curtis. Terá unha duración aproximada duns corenta e cinco minutos nos que poderemos disfrutar de temas moi recoñecidos coma pode ser o Himno Galego de Pascual Veiga, algún pasodobre e tamén algunha sorpresa.

Un concerto que pretende ser, segundo a brand manager de Larsa, Ana Rodríguez, "unha homenaxe á terra, porque ó final os productos de Larsa comezan ahí nos pastos galegos e gostaríanos por en valor todo o que o campo representa para a nosa terra". Rodríguez destaca que "cando pensamos en Galicia todos pensamos en verde, en natureza con pastoreo e nós que nos adicamos a cuidar o campo e a axudar a manter a súa beleza non se nos ocorría un lugar mellor para celebrar o que somos".

Un concerto moi especial que só poderán disfrutar uns douscentos afortunados que tiveron que apuntarse nas redes sociais da marca leiteira (o prazo rematou o pasado domingo). Para os que non chegaron a tempo, Larsa vai ir colgando nas súas redes sociais pequenas pílulas do concerto.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Último boletín

12:00H | 3 NOV 2024 | BOLETÍN