LITERATURA

Xavier Alcalá publica novo libro: "A capital do mundo"

Obra encargada de inaugurar a colección bautizada co nome do autor, a segunda biblioteca creada por Galaxia dun autor vivo

Xavier Alcalá, nado en Ciudad Real, vive en Ferrol dende a súa infancia

Redacción COPE Ferrol

Ferrol - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

"A capital do mundo", de Xavier Alcalá, é a obra encargada de inaugurar a colección bautizada co nome do autor. Esta é a segunda biblioteca creada, despois da Biblioteca Xosé Neira Vilas, dun autor vivo.

Esta publicación, sitúa ás lectoras e lectores en 1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, son os encargados de impulsar a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, "A capital do mundo", sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia.

A emigración é tema principal na obra de Xavier Alcalá. Tras relatar vivencias propias en "La Habana flash", entrou a fondo na Revolución de Cuba con "Verde oliva" dando voz á “axente Mariana”, galega loitadora pola liberdade. Con "A capital do mundo" retorna á escena revolucionaria, onde Nieves recolle, ao seu xeito, o testemuño de Mariana. É a primeira parte de Mayimbes, os irmáns Castro e as elites do

réxime, entre os que sobrevive a protagonista.

Portada do novo libro de Xavier Alcalá

Portada do novo libro de Xavier Alcalá

PRESENTACIÓN

O venres 9 de agosto, celebrarase, ás 18 h, nos Xardíns de Méndez Núñez, na Feira do Libro de Coruña, a primeira presentación do libro. Acompañando o autor, estarán Xulio López Valcárcel, escritor, e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia. Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia.

VIDA E OBRA DE XAVIER ALCALÁ

Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa. Instalado en Galicia, Ferrol, desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con "Voltar, seis personaxes e un fado" (1972), obra á que ían seguir títulos como "A nosa cinza" (1980), "Fábula" (1980), "Nos pagos de Huinca Loo" (1982), "Cárcere verde" (1990), "Latitude austral" (1991), "Código morse" (1996) e "Alén da desventura", novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998.

Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas "Entre fronteiras" (2004), "Nas catacumbas" (2005) e "Unha falsa luz" (2007).

En 2012, publicou a novela "Verde oliva", sobre a revolución castrista en Cuba, e "The Making of" (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 23 NOV 2024 | BOLETÍN