Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os "galegos sen fronteiras"

Ata o 24 de xullo medio cento de alumnos chegados de tres continentes do mundo aprenden galego e achéganse á nosa cultura a través do curso "galego sen fronteiras"

00:00

Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os "galegos sen fronteiras"

Redacción COPE Santiago

Santiago - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

, despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia do coronavirus. Participan, ata o 24 de xullo medio cento de estudantes chegados de tres continentes.

María López Sández, académica de número e secretaria dos cursos cóntanos que este programa permite un contacto cultural intenso: "é estimulante, son 20 nacionalidades distintas. Persoas moi distintas ás que une o seu interese por coñecer e achegarse a outras linguas e culturas".

00:00
María López Sández, académica de número e secretaria dos cursos

-

En COPE Galicia falamos con algún dos alumnos e puidemos coñecer a Mariela Paula Sánchez, que vén dende Buenos Aires. Mariela ten raíces galegas. Mariela xa foi alumna dos cursos hai once anos. Fixo a súa tese de doutoramento sobre a transmisión interxeracional na literatura da memoria sobre a guerra civil e o franquismo e incluíu nela obras da literatura galega.

Na actualidade é profesora da Universidad Nacional de La Plata e investigadora dun organismo que funciona como un CSIC, pero arxentino. Imparte aulas de literatura española pero sempre introducindo o seu alumnado nas letras galegas.

00:00
Mariela chegou dende Arxentina

-

E tamén coñecemos a Vikash Kumar Singh. El é da India e tamén foi alumno dos cursos con anterioridade. É profesor da maior universidade a distancia do mundo, do seu país, e imparte nela clases de español, pero no campo da investigación tamén lles presta atención aos estudos galegos.

Traduciu no seu día do galego ao hindi poemas de Rosalía de Castro e recentemente encargouse de verter ao galego unha escolma de "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro. Eses textos formarán parte dunha antoloxía de poemas sobre a guerra de diversas linguas ao coidado dun académico indio. Esta iniciativa xurdiu en relación coa guerra de Ucraína.

00:00
Vikash traduce poemas galegos ao hindi

-

00:00
Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os galegos sen fronteiras

-

00:00
Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os galegos sen fronteiras

-

Mariela, arxentina de avós galegos ou Vikash, indio tradutor de Rosalía: os galegos sen fronteiras

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 15 ENE 2025 | BOLETÍN