Non te imaxinas cal é a cidade galega co bus urbano máis barato...

Lugo é a urbe de Galicia co transporte público máis barato e a terceira do estado

00:00

Rubén Arroxo anuncia una nueva campaña para promover el uso del bus urbano en Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Concello de Lugo ven de poñer en marcha unha nova campaña de publicidade para fomentar o uso do transporte público na cidade. Ao mellor, se non te convencen os anuncios que xa poden verse en diferentes puntos da cidade, ao mellor si o fai o prezo deste servizo. A capital lucense ten o bus urbano más barato de todas as cidades galegas e o terceiro máis barato do estado.

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou esa nova campaña de promoción do bus urbano, "Por Lugo, vai en Bus", coa que se pretende fomentar o uso do transporte público entre as veciñas e veciños de Lugo.

Arroxo explicou que "o bus urbano permite máis facilidades fronte o vehículo privado, como non buscar aparcamento, contribuír a reducir as emisións contaminantes e aumentar a seguridade viaria, ao ter menos vehículos circulando polas rúas".

INFORMACIÓN EN TEMPO REAL

Rubén Arroxo tamén destacou as distintas facilidades postas en marcha para que a veciñanza teña información sobre a situación da rede de transporte público. O portal de información en tempo real do servizo de bus urbano, urbanoslugo.com, permite saber en tempo real canto falta para que o bus chegue á súa parada.

Ese servizo conta coa información en tempo real de 275 paradas, "a totalidade das paradas da zona urbana, as máis concurridas do servizo de transporte público", explicou o Tenente Alcalde.

A través desta web, os veciños poden obter toda a información relativa ao bus urbano, como o mapa de liñas, información sobre as tarifas ou sobre a tarxeta cidadá. Ademais, para completar toda esa información, hay 23 pantallas colocadas nas principais paradas.

"Continuamos a mellorar o bus urbano de Lugo, que co novo modelo permite que practicamente toda a veciñanza de Lugo teña conexión directa co HULA ou coas áreas industriais", precisou.

O TRANSPORTE MÁIS BARATO

"Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "coa Tarxeta Cidadá, o prezo do bus urbano redúcese ata nun 50%". O Tenente Alcalde anunciou que "máis de 30.000 persoas teñen xa a súa tarxeta cidadá e desfrutan de todas as vantaxes que supón este sistema".

Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64 euros a 0.45 euros. Os pensionistas só pagan 0.31 euros, ao igual que persoas desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida, con transbordos gratuítos en todas as situacións.

Programas

Último boletín

01:00H | 8 sep 2024 | BOLETÍN