A novela negra e as obras infantís tiran da venda de libros en galego

A Praza Maior de Lugo acolle neste Día das Letras e durante toda a fin de semana a súa Feira do Libro, na que participa unha ducia de librarías

00:00

Lugo acolle durante toda a fin de semana a súa Feira do Libro, na Praza Maior

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O tesoureiro da Federación de Librarías de Galicia, Jacobo Rodríguez Agrasar, que estes días participa cunha caseta na Feira do Libro de Lugo, confirmou que están subindo as vendas de libros en galego, cun "repunte" realmente importante da novela negra e tamén pola aposta que fan varias editoriais galegas polas obras infantís, con edicións moi coidadas.

"Cada ano publícanse moitos libros en galego. Hai moita calidade literaria e a impresión é moi boa", asegura, o que fai que "cada vez máis lectores aposten polo libro en galego".

Segundo Rodríguez, "cada vez hai máis lectores en lingua galega", xente que aposta polas obras de "autores locais", pero tamén "por traducións" de obras escritas noutros idiomas.

"Nas librarías notamos ese incremento na venda de libros en galego", insiste.

Repunte da novela negra

En canto aos xéneros máis populares, hai un repunte na venda de "novela negra", con autores moi coñecidos que xa contan cun número moi importante de seguidores. Tamén hai un rexurdir da "novela romántico-xuvenil", pero recoñece que "nese nicho de mercado" non hai demasiada oferta en galego.

Si que hai, no tocante, varias editoriais galegas que están facendo "moi bo traballo" no ámbito da literatura infantil, con obras "moi ben ilustradas" e edicións moi coidadas. "Son moi valoradas polos clientes, que compran moito ese tipo de obras", asegura.

Despois dun tempo de incerteza, Jacobo Rodríguez asegura que, neste momento, o mercado está repartido entre o "libro electrónico e o papel". De feito, asevera que as pantallas non lle gañaron a partida ao papel e o sector goza de "boa saúde".

"Hai un incremento interesante nas ventas que se mantén no tempo. Á xente gústalle o cheiro dos libros en papel. É algo diferente. O libro electrónico non chegará a sustituir aos libros en papel en ningún momento", concluíu.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN