Dous conselleiros de Lugo fanse cargo das competencias no sector primario galego: Medio Rural e Mar

Alfonso Villares, o exalcalde de Cervo, seguirá ao fronte da Consellería do Mar, mentres que a senadora e alcaldesa de Guntín, María José Gómez, faise cargo de Medio Rural

00:00

Alfonso Villares e María José Gómez son os novos conselleiros do Mar e Medio Rural

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Alfonso Rueda xa é presidente da Xunta de Galicia. Ademais, nas últimas horas, deu a coñecer o seu novo goberno. A provincia de Lugo colle un peso relevante na composición do executivo autonónmico. Dous conselleiros da nosa provincia asumen as competencias relativas ao sector primario. Alfonso Villares, o que fora alcalde de Cervo, seguirá como conselleiro do Mar. Hai relevo ao fronte de Medio Rural. Farárase cargo desa competencia a alcaldesa de Guntín e senadora, María José Gómez.

Conselleiro do Mar: Alfonso Villares

Naceu en Cervo en 1970. É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente como veterinario.

Desde 1995 é concelleiro do PPdeG en Cervo, con responsabilidades de goberno desde 1999 e como alcalde desde as eleccións municipais de 2007, cando obtivo unha maioría absoluta que revalidou nas eleccións municipais de 2011, 2015, 2019 e 2023.

Tamén foi vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias. Desde 2023 é conselleiro do Mar.

Conselleira do Medio Rural: María José Gómez

Naceu en Pradedo de Abaixo, en Guntín, en 1976. Licenciada en Filoloxía Inglesa e en Humanidades, desde 2008 é profesora de ensino secundario no ensino público, na especialidade de Inglés.

Desde 2019 é alcaldesa de Guntín e, despois das eleccións xerais de xullo de 2023, senadora pola provincia de Lugo.

Entre 2014 e 2017 foi vicedirectora do IES de Monterroso, no que coordinou a sección bilingüe. Entre 2017 e 2022 foi xefa de coordinación de Cultura en Lugo e entre 2022 e 2023, xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na mesma provincia.