As enmendas do Partido Popular aos orzamentos de Lugo inclúen un aparcadoiro en Fontiñas e manter a ubicación actual da protectora de animais

Os populares tamén inciden en medidas de índole social e outras melloras para a veciñanza do rural e dos barrios da cidade

Mar Carballas e Javier Vázquez Castro diante do local do Partido Popular no Concello de Lugo
00:00
gabinete de Comunicación do Partido Popular de Lugo

Javier Vázquez Castro e Mar Carballas presentaron as enmendas aos orzamentos do Concello de Lugo para 2025

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Partido Popular presentou este martes unha serie de enmendas aos orzamentos municipais do Concello de Lugo para o ano 2025.

As enmendas dos populares "proxectos esenciais para Lugo" como un aparcadoiro en Fontiñas, o abastecemento de auga, impulsar un plan local de saúde mental, axudas sociais para os maiores, iniciativas para a xuventude, estudar o acercamento da intermodal á cidade, manter a protectora na ubicación actual ou adecuar todos os postos do mercado e non so os baleiros.

CONTAS "MÁIS SOCIAIS E EQUILIBRADAS"

Os concelleiros Mar Carballas e Javier Vázquez Castro explicaron que "o obxectivo destas propostas son garantir que Lugo conte cunhas contas máis sociais e equilibradas".

Os edís populares manifestaron que lles guastaría "ser parte da elaboración deste documento", e indicaron que "o normal sería abordar os orzamentos nun pleno extraordinario", tildando de "inaceptable" que "a documentación dos orzamentos se entregase cunha antelación tan curta" e que se pretenda "que a oposición non teña tempo para realizar unha análise en profundidade"

"Isto non é democracia, é poñer trabas para ocultar a falta de xestión", lamentaron.

ORZAMENTOS "FEBLES" E "SEN FUTURO"

"Saben que os seus orzamentos son febles, sen proxecto de futuro para Lugo. A nosa prioridade segue sendo que os veciños coñezan a verdade e que se garantan unhas contas equilibradas e responsables", criticaron os populares.

"Non imos permitir que as malas prácticas do PSOE e do BNG limiten o noso traballo nin que Lugo perda a oportunidade de ter uns orzamentos mellores", finalizou Javier Vázquez.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

11:00H | 22 FEB 2025 | BOLETÍN