O PP dí que os orzamentos de Lugo son unha representación de “dous gobernos diferentes”, o que incrementa “o gasto corrente”

Elena Candia avisa que decisión como a de recurrir á débeda para pagar a súa falta de xestión "hipoteca" a os lucenses hoxe en día, pero tamén ás xeracións futuras

Candia con los ediles del PP
00:00
Ramudo

A voceira do grupo municipal do Partido Popular fai unha valoración da proposta presentada polo goberno bipartito

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O Concello de Lugo presentou uns orzamentos para o ano en curso que ascenden a 121 millóns de euros, unhas contas que o goberno local califica como “ilusionantes, pero a oposición municipal, representada polo Partido Popular considera que “van tarde e son máis do mesmo”, porque son a representación de “dous gobernos diferentes”, o que supón “un incremento do gasto corrente que eles mesmos cifraron en 108 millóns de euros”.

A voceira municipal, Elena Candia, censurou que a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, se presente como “a defensora da lealdade institucional”, cando non lle facilitou ningún tipo de información dos orzamentos ao principal grupo da oposición, que ten doce concelleiros na corporación local, nin aos representantes dos traballadores.

Candia recoñece que esa forma de proceder é sempre censurable, pero máis aínda cando o goberno local vai adoptar decisións de moita trascendencia para o futuro, como incurrir en débeda. Dende o seu punto de vista, neses casos, buscar o máximo consenso debería ser unha obriga.

Dous modelos de municipio diferentes

A presentación dos orzamentos tamén deixou claro que Lugo ten un goberno con dous  modelos de municipio diferentes o que supón un incremento do gasto corrente, que eles mesmos cifraron en 108 millóns de euros”, precisa o Partido Popular, que tamén alerta dunha diminución dun 46,26% no investimento ,que pasa dos 14.1 millóns de euros no exercicio anterior aos 8 millóns de euros no 2025.

Dende o seu punto de vista, “a información que trascendeu nos medios tamén mostra que os proxectos do bipartito non só non se complementan, senón que carecen de entendemento entre eles, salvo que sexa para acordar  que a alcaldesa se ausente durante dúas horas e nese tempo, o tenente de alcaldesa do BNG asine facturas con reparos das súas áreas”.

Para o PP os orzamentos que se veñen de presentar esixen “un dobre esforzo para a veciñanza”, por un lado para os “lucenses de hoxe, cunha suba de impostos para financiar os malgastos en proxectos que non supoñen valor engadido para a veciñanza (coliving, caldas …) e, por outro, aos lucenses de mañá, logo de que PSOE e BNG decidisen volver a endebedarse, ecurrindo a un crédito como solución a súa falta de xestión, hipotecando a futuras xeracións”.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 22 ENE 2025 | BOLETÍN