a conselleira maría josé Gómez dixo que é unha ferramenta pioneira en españa

Un servizo público para unha necesidade real: o matadoiro móbil da Xunta funciona a demanda no rural

Deulle servizo a preto de 200 explotacións galegas de gando ovino, cabrún e porcino en menos dun ano de funcionamento

María José Gómez na Feira do Porco da Ceba
00:00
Ramudo

O matadoiro móbil que puxo en marcha a Xunta de Galicia deulle servizo a 200 explotacións en menos dun ano de funcionamento

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

É un servizo público pensado para respostar a unha necesidade real das explotacións máis alonxadas dos grandes núcleos de poboación e dos matadoiros convencionais. A Unidade Móbil de Sacrificio de Gando permite que esas granxas fagan o traballo de xeito máis cómodo e, sobre todo, aforren gastos, o cal non é un tema menor se temos en conta os reducidos marxes comerciais nos que se moven. 

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor esta ferramenta, pioneira en España, que xa deu servizo o preto de 200 explotacións galegas de gando ovino, cabrún e porcino en menos dun ano de funcionamento.

A titular de Medio Rural destacou que este servizo público axuda a mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas lonxe dos matadoiros convencionais.

Ademais,salientou as vantaxes que ofrece o matadoiro móbil aos gandeiros de gando ovino, cabrún e porcino, xa que mellora a súa rendibilidade ao reducir os custos de transporte, así como a calidade da carne e do benestar animal, e dinamiza as zonas rurais do rural, ao dotalas dun servizo que as fará máis atractivas para traballar e para vivir.

A conselleira do Medio Rural supervisa o funcionamento da Unidade Móbil de Sacrificio de Gando

Xunta

A conselleira do Medio Rural supervisa o funcionamento da Unidade Móbil de Sacrificio de Gando

rutas organizadas en función da demanda

Os gandeiros interesados en contar co servizo do matadoiro móbil dispoñen dun número de teléfono gratuíto, o 982 251 201, para poder solicitalo. 

As súas rutas organizaranse segundo as demandas dos gandeiros, para optimizar ao máximo os recursos. Neste sentido, concertase con cada titular o día e a hora do sacrificio e o matadoiro móbil desprazarase ata a propia explotación, se é posible, ou ata o lugar próximo máis accesible, en función das características das vías de comunicación, para prestar servizo a través desta ferramenta.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 04 DIC 2024 | BOLETÍN