Xunta de Galicia

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ares e As Pontes reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ares e As Pontes reciben equipamento de emerxencias cedido pola Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Trátase dun kit de material para emerxencias no medio acuático e outro de material loxístico para a seguridade viaria

Enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

A Xunta de Galicia fixo entrega esta semana de diverso material de emerxencias a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos ou mancomunidades galegos entre as que se atopaban as dos concellos de Ares e As Pontes.Así a AVPC de Ares recibiu un kit de material para as emerxencias no medio acuático que consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios. Pola súa banda, a agrupación das Pontes foi beneficiaria dun kit de material loxístico para a seguridade viaria no que se inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Ambos equipamentos suman unha achega de máis de 9.600 euros.O material entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).A Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. Ademais, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN