Xunta de Galicia
Alfonso Villares destaca o compromiso da Xunta na defensa do sector pesqueiro galego ante as institucións comunitarias
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O conselleiro do Mar, que acompañou a representantes do sector en Luxemburgo, criticou que a decisión de vetar a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental tomada pola Comisión carece de base técnica e científica
Tamén subliñou a sustentabilidade da actividade pesqueira da frota da comunidade e puxo en valor o traballo realizado desde a administración autonómica facilitando información técnica e precisa sobre o impacto desta medida
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu acompañado con representantes do sector, á vista oral do procedemento relativo ao recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela en conxunto con 16 compañías afectadas contra o veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias ante o Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE), en Luxemburgo. Deste xeito, quixo mostrar o apoio do Goberno galego que participa en calidade de coadxuvante da parte demandante polo impacto negativo desta decisión que afecta directamente a 200 embarcacións e indirectamente a outras 946 de artes menores.O titular de Mar destacou o compromiso da Xunta na defensa da xente do mar ante as institucións comunitarias fronte unha decisión inxusta e discriminatoria tomada por un comisario de Pesca pertencente ao grupo dos Verdes que, ademais, carece de fundamentos técnicos e científicos. Nesta liña subliñou que esta medida se debe a unha estratexia excesivamente medioambientalista que non atende a outros factores relevantes como o social ou o económico e recordou o peso do sector pesqueiro na economía galega cun valor engadido bruto (VAB) 25 veces superior ao de a UE e 6 veces superior ao do conxunto do Estado español. Tanto é así que se trata da principal actividade económica nun terzo dos concellos galegos.O Goberno galego rebatiu ante o tribunal comunitario os puntos de incidencia técnica e científica alegados pola Comisión e o Parlamento Europeo demostrando que o palangre demersal destinado á captura de pescada como especie obxectivo non reúne as condicións sinaladas no Regulamento base, á vez que esta modalidade de palangre non figura na clasificación establecida sobre protección dos ecosistemas mariños vulnerables (EMV) de alta mar fronte aos efectos adversos da utilización de artes de fondo. Nesta liña, a tese galega vén sendo apoiada por outros organismos científicos como o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), entidade que asesora á Comisión, e que indicou que esta medida non ten base científica. Tamén un recente informe do Parlamento Europeo que indica que o veto á pesca de fondo nas 87 zonas de augas comunitarias non está fundamentada e non atende ás particularidades das diferentes artes como o palangre ou a volanta.Alfonso Villares puxo en valor a sustentabilidade da actividade pesqueira da flota da comunidade e reiterou a necesidade de que neste novo mandato a Comisión conte cun comisario específico de Pesca que responda dun xeito equilibrado e eficaz as necesidades do sector, no que Galicia ten un destacado liderado a nivel europeo, e que á vez permita garantir a necesaria soberanía alimentaria de todo o continente. O responsable autonómico agarda que a xustiza europea atenda á argumentación presentada polo sector e o Goberno galego e permita dar marcha atrás ao veto da pesca de fondo nas 87 áreas do Atlántico nororiental.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando