Xunta de Galicia
Ángeles Vázquez pon en valor a aposta de empresas familiares como Ramón Cabado SL polo deseño sostible e a eficiencia enerxética no eido da construción
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Salienta que nos seus 70 anos de traxectoria, esta firma de orixe melidense soubo adaptarse aos novos tempos e á necesidade de orientar o negocio ás actuais exixencias e estándares dun sector crucial para avanzar cara á neutralidade climática
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou a aposta e a notable contribución que fan empresas de carácter familiar como Ramón Cabado SL para que o sector da construción en Galicia continúe avanzando e introducindo nos seus procedementos criterios de deseño sostible e eficiencia enerxética tanto en obras novas como nas de rehabilitación.Así o puxo en valor esta tarde a responsable autonómica durante a inauguración dunha nova nave de venda de material construtivo de Ramón Cabado en Melide, localidade na que a firma comezou a súa andadura fai 70 anos e que xa vai pola súa terceira xeración.Tras recordar que os tres irmáns que actualmente dirixen a empresa contan con formación en distintos ámbitos relacionados co sector, o que lles permite ofrecer unha visión de negocio completa e moderna, Ángeles Vázquez salientou como un dos puntos fortes de Ramón Cabado SL a súa capacidade de “adaptación” aos novos tempos e ás necesidades que van xurdindo tanto no mercado como na propia lexislación.Neste sentido, lembrou que os estándares ambientais e enerxéticos no eido da construción son cada vez máis exixentes, en liña e sintonía tamén coas directrices que vén marcando a Unión Europea e que comparte a propia Xunta de Galicia.Por iso, Ángeles Vázquez incidiu na importancia de que as empresas galegas ligadas á construción teñan en conta cada vez máis o peso que deben ter os materiais sostibles e eficientes así como as fontes de enerxía renovable (solar, xeotermina, aproveitamento de biomasa) na edificación ou rehabilitación de naves, edificios e vivendas, xa que se trata dun sector clave para avanzar cara aos obxectivos de neutralidade climática.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando