Xunta de Galicia
Anxo M. Lorenzo celebra 25 anos de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Verba Volant, picta manent’, conmemorativa da efeméride e que reúne máis dun cento de pezas representativas das distintas mostras temporais da entidade
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición
onde salientou “o labor do Museo das Peregrinacións a prol da conservación do patrimonio cultural durante estes 25 anos”.O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, sinalou que esta mostra “fai un percorrido ao longo da programación expositiva sobre o Camiño e a cidade de Santiago, en concreto, e a revalorización do patrimonio galego, en xeral, que o museo leva a cabo dende o ano 1999, coincidindo coa celebración do Xacobeo 99 ”. “É unha sorte percorrer a historia das peregrinacións a través das máis dun cento de obras que se atopan aquí expostas”, destacou Anxo Lorenzo.No percorrido pola mostra conmemorativa, o director xeral de Cultura, puxo en valor o traballo conxunto entre a entidade e os colaboradores, que neste cuarto de século, promoveron iniciativas para revalorizar o patrimonio cultural galego que xira entorno ao Camiño de Santiago e á cidade de Santiago de Compostela, meta da peregrinación xacobea. Neste senso, o director xeral de Cultura destacou a importancia das doazóns que se foron facendo ao longo dos anos e que actualmente conforman un catálogo de máis de 700 obras pertencentes ás exposicións temporais.A mostra, que se poderá visitar ata o 27 de outubro, compendia un total de 117 pezas de máis de medio cento de artistas que integraron no seu día as 80 mostras expositivas que acolleu o museo durante estes 25 anos como,
,
ou
.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando