Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na Feira do Libro de Rianxo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Cultura participa na inauguración da novena parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías que percorre Galicia ata agosto

Ata o sábado están previstas máis de 40 propostas como presentacións, actividades infantís ou a sinatura de libros nas que participarán case unha vintena de escritores

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Rianxo, a novena parada do circuíto posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano percorre 13 localidades ata o mes de agosto.No acto de apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a boa acollida destas feiras por parte da cidadanía que aproveita para coñecer e adquirir novidades. “Convido a todo o mundo a achegarse ata esta praza de Castelao para gozar da literatura e dos plans culturais organizados ao abeiro desta iniciativa ata o sábado”, sinalou o director xeral de Cultura.Neste senso, Anxo M. Lorenzo, agradeceu o traballo de todos os axentes implicados nesta cita e explicou que, en total, celebraranse máis de 40 actividades. “Inclúense desde presentacións, ata actividades infantís, obradoiros, recitais ou sinaturas de libros” indicou antes de engadir que se contará coa participación dunha vintena de escritores.A Feira do Libro inclúese na campaña

, o programa impulsado pola Xunta de Galicia que promove máis de 30 actividades culturais diarias este verán. Neste caso, a cita celébrase ata o sábado 24 na praza de Castelao e conta coa participación de 11 librarías.Tras o seu paso por Rianxo, o calendario continuará ata agosto con paradas en A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN