Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Groba como punto de encontro para a música clásica en Galicia

Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Groba como punto de encontro para a música clásica en Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Esta cita homenaxea o legado do mestre Rogelio Groba, ponteareán sinalado por ser un dos músicos e compositores máis distinguido do século XX

O director xeral de Cultura presenta o evento que contará cun amplo programa de actividades con concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentacións de discos e concursos de interpretación

A iniciativa atópase enmarcada na nova edición de ‘CulturON’, a campaña da Xunta que enche os meses de estío de cultura con máis de 30 propostas diarias

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XII edición do Festival Groba, onde agradeceu o importante labor de difusión do legado do mestre Rogelio Groba que se fai nesta cita a través dun amplo programa de actividades entorno á música clásica.O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou o compromiso por manter viva a herdanza do mestre Rogelio Groba que “con máis de 720 obras publicadas foi un dos compositores galegos máis importantes do século XX”. Ademais, o director xeral de Cultura recoñeceu a relevancia deste evento “por converter Ponteareas, vila natal do compositor, nun punto de encontro para a música clásica”.Neste senso, Anxo M. Lorenzo salientou a consolidación deste festival, enmarcado na grande oferta de festivais culturais en Galicia que promove o Goberno galego, leva doce anos atraendo a Ponteareas importantes músicos do panorama nacional e internacional, e tamén se mostra como unha plataforma para impulsar novos talentos e a creación nesta modalidade artística. Lembrou, ademais que se atopa enmarcado dentro da nova edición de

, a campaña que ten en marcha a Xunta e que enche os meses de estío de cultura ofrecendo máis de 30 actividades diarias.O Festival Groba, que se celebrará do 18 ao 24 de agosto en Ponteareas, conta cun amplo catálogo de propostas. Entre elas, concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentacións de discos ou concursos de interpretación. Ademais, no evento terá lugar a estrea de

, unha obra do ciclo étnico Galicia Anterga que será interpretada pola Orquestra de Cámara Galega e a clausura desta edición que a fará a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN