Xunta de Galicia
Anxo M. Lorenzo pon en valor en Foz a celebración da Feira do Libro para dinamizar a lectura
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Trátase da penúltima parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia
A praza Conde Fontao acollerá ata o luns 19 de agosto propostas, como espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e sesións de teatro infantís
Todas elas están inmersas no ‘CulturON’, o programa de actividades da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o verán
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Foz, do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. No encontro, que supón a penúltima parada no percorrido por 13 localidades ata finais deste mes, destacou o papel fundamental que supoñen estas propostas de cara á dinamización da lectura.A cita inaugurouse coa lectura do pregón a cargo do escritor Lois Pérez. Deste xeito, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor “este tipo de iniciativas que potencian a adquisición de libros e que ademais enchen as cidades, durante varios días, de multitude de propostas culturais para todos os públicos”.No marco deste encontro, Anxo M. Lorenzo agradeceu o traballo dos axentes implicados na organización da feira que contará cunha vintena de actividades entre as que destacan as sinaturas de libros que traerán a máis de vinte escritores ata as casetas que se atopan na praza Conde Fontao. Neste senso, sinalou que este tipo de iniciativas impulsadas polo Goberno galego a prol da lectura “buscan a promoción do sector libreiro e tamén dar a coñecer a ampla produción literaria da Comunidade”.Deste xeito, o director xeral resaltou algúns dos obxectivos, que se enmarcan no Plan de dinamización para incrementar os índices de lectura en Galicia, como son consolidar a industria galega do libro e implicar a creadores, editoras, librarías e distribuidoras no fomento da lectura así como impulsar a produción editorial galega, incluíndo os novos formatos.A de Foz é a décimo segunda parada do circuíto que este ano inclúe no programa 13 localidades e que se enmarca no
, a campaña que conta cun amplo abano de iniciativas culturais de todos os tipos e para todos os públicos impulsado neste verán pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con máis de 30 actividades diarias.Esta feira permanecerá aberta ao público na praza Conde Fontao ata o 19 de agosto, de 17,30 a 22,00 horas, con máis dunha vintena de autores e autoras. O calendario das Feiras do Libro rematará este mes coa última parada en Monforte de Lemos (do 21 ao 24).
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando