Xunta de Galicia

'Atardecer no Gaiás' impulsa os novos talentos na música coas actuacións dos galegos Alana e o grupo madrileño Carrera Blanca

‘Atardecer no Gaiás’ impulsa os novos talentos na música coas actuacións dos galegos Alana e o grupo madrileño Carrera Blanca

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Gañadores do Xuventude CREA na categoría de música en 2023, Alana presentará o xoves 15 de agosto o seu primeiro disco, mestura de folk, electrónica e pop

Desde Madrid chegan o venres 16 Carrera Blanca, que actuarán por primeira vez en Galicia co seu desenfadado estilo ‘cuquipunki’

Os concertos serán ás 21,00 horas na Cidade da Cultura e forman parte da campaña ‘CulturON’ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

O ciclo

impulsado pola Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude, promociona esta semana os novos talentos musicais cos concertos da banda galega Alana, gañadores na categoría de Música no último certame Xuventude CREA, e os madrileños Carrera Blanca, grupo revelación nacional no Festival Contempopranea 2023.O escenario da Praza central da Cidade da Cultura prepárase para recibir o xoves 15 de agosto ao trío formado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, orixinarios da Costa da Morte. Alana está de xira presentando o seu primeiro disco,

froito dun traballo de pescuda e recompilación de cancións tradicionais galegas que renovan con arranxos e instrumentación próximos á electrónica e ao pop.O venres 16 de agosto Carrera Blanca traerá os populares himnos para toda a xeración millennial ?como

ou

? que vén popularizando cun estilo descarado que definen como

. O concerto no Gaiás será o primeiro en terras galegas do grupo madrileño, e nel aproveitarán para adiantar en directo algúns dos novos temas que están a preparar.Ambas actuacións serán ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con entrada libre e de balde.Case 3.500 persoas asistiron xa ás actuacións desta décimo cuarta edición de

, que pecharán os artistas Bewis de la Rosa, ALARIDO, Santi Araújo e Rocío Saiz. Consolidado como cita imprescindible no verán galego para os amantes da música ao vivo, o ciclo conta co apoio de Cervezas Alhambra e forma parte das actividades programadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro da campaña

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados