Xunta de Galicia
O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración
Aprobada a adxudicación da reforma do edificio de Ribeira do Berbés 39–San Francisco 2 e o proceso de venda de Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, presidiu este mércores o comité executivo e o consello de administración do organismo autónomo no que aprobouse a adxudicación das obras dun novo edificio de Berbés e iniciouse o proceso de venda de dúas promocións de vivenda pública xa rematada na zona alta do barrio vigués (Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9).O CCCV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia, aprobou a adxudicación da reforma do edificio situado no número 39 da Ribeira do Berbés, tamén con saída ao número 2 da rúa San Francisco, por un importe de 498.844,13 euros. “Cumprimos cos obxectivos fundacionais deste organismo co ánimo de contribuír á recuperación desta zona para a cidadanía e de proporcionar vivenda de promoción pública”, sinalou Ana Ortiz.A nova rehabilitación permitirá construír dúas vivendas de 90 e 106 metros cuadrados no Berbés, onde o CCVV xa adquiriu dez edificios permitindo a creación ata este momento de 6 vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. A estas seis, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse agora as dúas do número 39.Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos de Vigo, promovido pola Xunta de Galicia, no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente aínda de rehabilitación.Por outra banda, o consello de administración aprobou o inicio do proceso de venda das vivendas de promoción pública de Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9. Na primeira o CCVV investiu un total de 1,4 millóns, sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos. Esta última actuación supón a posta a disposición da cidadanía de 6 novas vivendas de protección autonómica, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo do PAIF do próximo exercicio 2024. Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando