Xunta de Galicia

Diego Calvo pon en valor o nivel da vela galega con competicións como o Trofeo Presidente da Xunta

Diego Calvo pon en valor o nivel da vela galega con competicións como o Trofeo Presidente da Xunta

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou esta mañá na presentación das cinco regatas que forman parte do Circuíto Galego de Alto Nivel

Este ano a Regata General Navieras organizada polo Club Náutico Ría de Ares e a Mar de Finisterre no Real Club Náutico de Portosín súmanse ás tradicionais Infanta Elena e Xoan Carlos I na Coruña e Sanxenxo, e ao Trofeo Príncipe de Asturias en Baiona

Os vencedores nas categorías cruceiro OCR e monotipos J80 recibirán unha reprodución do trofeo, que representa un botafumeiro no que se gravan os nomes dos ganadores de cada edición

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación dunha nova edición do Trofeo Presidente da Xunta de vela, que permitirá situar unha vez máis a Galicia como escenario ideal para acoller probas deportivas de primeiro nivel. No acto tamén interviñeron o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde e o vicepresidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, Alejandro Retozala. O Trofeo Presidente da Xunta premia os gañadores do Circuíto Galego de Alto Nivel, que este ano incorpora dúas regatas novas, polo que pasa das tres tradicionais a cinco. A competición comeza esta mesma fin de semana na Coruña coa XXIV Regata S.A.R. Infanta Elena, organizada polo Real Club Náutico da Coruña. As seguintes probas correspóndense precisamente coas dúas novas incorporacións ao circuíto: do 13 ao 14 de xullo a XXX Regata General Gabeiras e do 10 ao 11 de agosto a XXXVI Regata Mar de Finisterre, con sedes no Club Náutico Ría de Ares e o Real Club Náutico de Portosín, respectivamente. As dúas últimas citas son probas xa tradicionais deste circuíto: o Trofeo Príncipe de Asturias, vinculado ao Monte Real Club de Iates de Baiona –do 6 ao 8 de setembro– e a IX Regata Rei Xoan Carlos I no Real Club Náutico de Sanxenxo, que se celebrará do 27 ao 29 de setembro. O Trofeo Presidente da Xunta consiste nunha representación do botafumeiro, o incensario da Catedral de Santiago de Compostela, e nel grávanse os gañadores das categorías cruceiro OCR e monotipos J80, aos que se lles entrega unha reprodución.Diego Calvo destacou que estas cinco probas reunirán os mellores regatistas, o que converterá os respectivos concellos e toda a comunidade nun reclamo turístico tanto para afeccionados a este deporte como para visitantes. Nesta liña, aproveitou para felicitar a Tamara Echegoyen polas que serán as súas cuartas Olimpíadas en París este ano –só superada polas sete de Teresa Portela en piragüismo– e por ser unha das abandeiradas de España nestes Xogos, o que supón “un gran orgullo para Galicia”.O conselleiro fixo un breve repaso pola historia da vela galega destacando fitos como o primeiro regatista galego en competir nuns Xogos Olímpicos, Alfredo Vázquez en Barcelona 92, así como as medallas de ouro de Antón Paz e Fernando Echávarri en Pequín 2008, as de Sofía Toro xunto con precisamente Tamara Echegoyen en Londres 2012, ou o bronce de Nico Rodríguez en Toquío 2020. Sinalou que deportistas coma eles son o espello das xeracións novas que os ven como referentes. O titular de Deportes salientou ademais a importancia de que Galicia se converta nun referente para a elite dos deportes náuticos ao acoller de novo unha competición como o Trofeo Presidente da Xunta. Por iso, agradeceulles tanto á Real Federación Galega de Vela como ás cinco entidades participantes o traballo realizado. Ademais, engadiu que nos triunfos da vela galega ten especial importancia o Centro Galego de Vela, un dos centros satélites do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra e de referencia tanto para os regatistas galegos como doutras comunidades nos seus adestramentos. A Xunta apoiou con máis de 2,1 millóns de euros a creación destas instalacións inauguradas en 2010 e desde entón mantén unha partida anual ao seu mantemento. No que se refire ao apoio á vela por parte do Goberno galego, a contía ascende a máis de 6 millóns de euros desde 2009, incluíndo a contía anual ao convenio coa Real Federación Galega de Vela, que neste exercicio supera os 305.300 euros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN